Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A2 A11 B6 Este traballo presentarase a principios de curso e durará todo o cuadrimestre. O alumno terá que ir realizando entregas parciais do mesmo. En caso de non cumprirse os prazos de entrega consideraranse non entregados. 15
Proba mixta A2 A11 B1 Requirirase ter aprobado tanto a parte teórica como a práctica. 70
Solución de problemas B1 Se plantearán problemas económico-financeiros na aula, que tendran que resolver no ordenador. 5
Traballos tutelados B1 B4 B6 Para ser cualificados teñen que entregarse en prazo e cumprir os requisitos solicitados. 10
 
Observacións avaliación

No referente á avaliación da materia, a principios de curso, o alumno deberá decidir entre dúas alternativas:

- Avaliación continua: aqueles alumnos que decidan realizar os distintos traballos propostos ao longo do curso. Neste caso, os traballos terán unha valoración do 30% e a proba mixta do 70% da nota final.

- Exame final: neste caso o alumno non realiza ningún dos traballos expostos e avaliaráselle no exame final. Neste caso, a proba mixta ten unha ponderación de 70/100.

Realizarase un exame parcial, composto por un test e un texto, os cales se cualifican por separado. Este exame libera materia para o exame final.

As partes aprobadas (test ou texto) mantense ata a 2º proba (convocatoria de xullo).

As notas dos distintos traballos manteranse dun curso a outro sempre que o alumno solicíteo.