Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Na clase de presentación se proxectará, coas explicacións pertinentes, a Guía Docente da materia; establecendo o remate unha quenda aclaratoria de dubidas que poidan xurdir os alumnos no referente a Guía Docente.
Sesión maxistral O contido do programa será explicado na clase coa axuda da pizarra e diferentes medios dos que se dispoña na aula de xeito sesión maxistral.
Solución de problemas Conforme se avance en teoría especificaranse a os alumnos problemas que deberán resolver e entregar en prazos fixados polo profesor. Algúns destes problemas faranse nas clases de problemas.
Traballos tutelados A cada alumno que acade unha puntuación superior a 4 na convocatoria ordinaria o profesor podrá ofertar a feitura dun traballo que deberá presentar en soporte papel nun prazo determinado, e defender mediante unha presentación oral, as temáticas e características do traballo que definira persoalmente o profesor.
Prácticas de laboratorio
Finalidade das prácticas de laboratorio

.-Coñecer aparellos de medida familiarizandonos co seu uso.
.-Reforzar o coñecemento adquirido en teoría, e experimentar aplicacións reais dos mesmos.
.-Para analizar os resultados e sacar conclusións.
.-Familiarizarse cun entorno de conexións eléctricas respectando a normativas de seguridade.

PRÁCTICA 1. Descrición do laboratorio análise dos seus embarrados.
PRÁCTICA 2. Curva de baleiro dun xerador de continua con excitación independente.
PRÁCTICA 3. Terminais equivalentes análise do grupo de conexión dun transformador
PRÁCTICA 4. Ensaios de baleiro e curtocircuíto dun transformador.
PRÁCTICA 5. Arranque e parada dun motor asíncrono.
PRÁCTICA 6. Conexión Ward Leonard
Proba obxectiva O exame final consiste nunha proba na que o alumno enfrontarase a resolución de problemas e resolución de cuestións teóricas e prácticas que poden ser tipo test