Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 A5 A25 A30 A33 B1 B2 B3 B7 C2 C6 Traballo de deseño dun sistema dixital de complexidade media. Avaliarase a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado. Será necesario entregar unha memoria explicativa deste, facer unha exposición oral e realizar unha defensa da práctica. 40
Proba obxectiva A26 A29 B1 Haberá 2 probas obxectivas a realizar individualmente por cada alumno.

A primeira realizaráse unha vez explicados os 5 primeiros temas. Suporá un 30% da nota final.

A segunda proba será o examen final da 1ª oportunidade e poderá ter un peso de:

- 30% para alumnos que decidan examinarse só da segunda parte da asignatura.
- 60% para alumnos que decidan examinarse das dúas partes, anulando a nota da 1ª proba obxectiva, se a tivese.
60
 
Observacións avaliación

As
cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso
académico no que se realicen.

As probas obxectivas poden incluir preguntas de resposta curta e/ou tipo test, resolución problemas en papel ou deseño de circuitos co software ISE.

Para alcanzar a máxima nota no traballo teránse en conta os seguintes aspectos:

- Os circuítos deseñados deben funcionar
perfectamente en todos os seus aspectos (simulación funcional e
temporal).

- A memoria entregada e a presentación terán que ser claras.

-
O alumno terá que realizar unha defensa personalizada da práctica, xustificando o porqué do seu deseño e contestando ás preguntas relativas ao traballo realizadas polo profesor.

Nota final

A nota final calcularáse, en xeral, como:

Nota Final =0,3 x Nota proba obxectiva 1 + 0,4 x Nota traballo + 0,3 x Nota proba obxectiva 2

Aqueles estudantes que non tivesen calificación na 1ª proba obxectiva, ou ben, acadasen calificacións moi baixas poden optar a realizar a 2ª proba obxectiva (a proba será distinta neste caso). Neste suposto a nota final será:

Nota Final=0,6 x Nota proba obxectiva 2 + 0,4 x Nota traballo.

Segunda oportunidade

Na
segunda oportunidade, realizaráse unha proba obxectiva que pode constar de cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario, exercicios escritos e  de implementación dun circuito nalgunha das placas do Laboratorio.