Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A4 A25 A28 A29 B1 B2 B4 B5 C1 C5 Realización dunha proba consistente na realización dun test, cuestions teórico-prácticas e resolución de problemas. 70
Prácticas de laboratorio A3 A4 A25 A28 A29 B1 B2 B4 B5 B6 C2 Avaliaráse a adquisición das competencias das prácticas de laboratorio.
15
Traballos tutelados A4 A25 A28 A29 A30 B3 B4 B5 B6 C2 Avaliaráse a adquisición de coñecementos a partires do traballo autónomo do alumno mediante as lecturas sobor dos temas ou deseños propostos. 15
 
Observacións avaliación

As cualificacións das metodoloxias Prácticas de laboratorio e Traballos tutelados podense acumular nunha delas pasando a outra a pesar cero puntos na avaliación.

No exame correspondente á segunda oportunidade realizarase unicamente a proba mixta coa súa puntuación correspondente, á que se lle sumaran os puntos correspondentes das outras probas.

Para a obtención do aprobado é necesario alcanzar unha puntuación mínima de 50 sobre 100.

A nota final obterase sumando as cualificacións das distintas metodoloxías expostas no apartado de "avaliación", a condición de que se cumpran as seguintes condicións:

  • Que se realizaron e aprobado as prácticas de laboratorio.
  • Que se obtivo polo menos 30 puntos (sobre 70) na proba mixta.

No caso de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será a nota da proba mixta minorada de forma que se alcance como máximo unha nota de catro.

Os alumnos con dispensa de asistencia a clase terán que demostrar a adquisición das competencias e coñecementos mencionados anteriormente mediante probas adicionais.