Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
As prácticas de laboratorio son obrigatorias para poder superar a materia. Os/as alumnos/as por grupos desenvolverán as prácticas propostas, sendo todos/as os/as responsables dos resultados obtidos. En todo instante terán o seguimento do profesor/a.

Durante as clases de problemas resolveranse na aula algúns problemas tipo, seleccionados entre os recolleitos nos boletíns previamente entregados. Outros exercicios déixanse como traballo individual do alumno/a, tanto dentro como fora da aula, sendo supervisados polo profesor/a.

Para os alumnos/as con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia, teranse en conta as metodoloxias máis axeitadas as necesidades específicas que requira cada alumno/a.