Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A6 Exame final de tipo test (20 preguntas) 45
Proba de resposta múltiple A6 A6 Exame parcial de tipo test (10 preguntas) 25
Prácticas a través de TIC B6 C3 Exame de tipo test (5 preguntas) que avaliará o coñecemento do programa estatístico empregado nas prácticas (R/R Commander) 30
 
Observacións avaliación
Evaluación na primeira oportunidade

A Proba de resposta
múltiple (exame parcial) realizarase ao longo do curso (a título
orientativo, unha vez impartido o tema 4). A Proba obxectiva (exame
final) abarcará os contidos de tódolos temas (temas 1 a 7). Na avaliación das Prácticas a través de TIC, se terá en conta a
asistencia regular ás prácticas otorgándose 15 puntos. Neste caso, o
test da parte práctica puntuarase sobre 15 puntos. Para superar a asignatura é necesario acadar
unha cualificación total mínima de 50 puntos, sendo en todo caso
obligatoria a presentación á Proba obxectiva. Quen non se presente á
Proba obxectiva será cualificado como 'non presentado'. Se a
cualificación obtida sumando a Proba de resposta múltiple e a Proba
obxectiva é menor que a da Proba obxectiva puntuada sobre un máximo de
70 puntos, reemplazarase aquela cualificación por esta última. Non se
conservarán os puntos obtidos en cursos anteriores pola asistencia
regular ás prácticas.

Evaluación na segunda oportunidade

Farase
unha Proba obxectiva similar á da primeira oportunidade. A avaliación
farase seguindo o mesmo procedemento que na primeira oportunidade, é
dicir, se a suma da cualificación da Proba de resposta
múltiple (exame parcial) e a Proba obxectiva é menor que a da Proba
obxectiva
soa puntuada sobre 70 puntos, considerarase a maior das dúas. A
avaliación das Prácticas a través de TIC farase mediante un test
semellante ao da primeira oportunidade, que contribuirá á cualificación
cun máximo de 30 puntos. Se a asistencia regular ás prácticas durante o
curso se tivo en conta na avaliación da primeira oportunidade, tamén
será tida en conta (e co mesmo criterio) na da segunda oportunidade. Non
se conservarán os puntos obtidos en cursos anteriores pola asistencia
regular ás prácticas.

N.B.: No caso do alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e/ou dispensa académica de exención de
asistencia que renuncie á evaluación continua decidindo non presentarse á Proba de resposta múltiple
(exame parcial) e/ou non asistir ás prácticas, será avaliado nas dúas
oportunidades como o resto de alumnado que se atopa nunha situación
similar.