Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B7 C5 C8 O traballo tutelado, que constará de varias entregas. Para ser cualificadas as entregas teñen que cumprir os prazos e os requisitos solicitados. A valoración do traballo será un 15% e o 5% restante será a exposición oral do mesmo. 20
Estudo de casos A2 A11 B1 C5 C8 Plantearanse nas clases prácticas casos de empresas, que terán que ser analizados e resoltos en grupos, e entregados ó finalizar a clase. 10
Proba mixta A2 A11 B1 O/s exame/s parciais aprobados liberan materia ata o exame final. Constarán dunha parte teórica e dunha parte práctica. 70
 
Observacións avaliación

Realizarase un o dous exames parciais, composto por unha parte de teoría e outra de práctica, e que aprobados, liberan materia para o exame final.

Para superar a materia é CONDICIÓN NECESARIA superar todas as actividades das recollidas na táboa, sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar) e ter unha nota media igual ou superior a 5. Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se alcance o valor mínimo de 4, a calificación final será de suspenso.

As notas dos traballos e do/s exame/s parcial gardaranse ata a 2º oportunidade (xullo). En segunda oportunidade sólo poderase recuperar a proba mixta, no pudiéndose recuperar o resto de metodoloxías da táboa anterior.

O sistema de avaliación para os alumnos do plan a extinguir será o mesmo co plan novo. As notas dos distintos traballos manteranse dun curso a outro sempre que o alumno solicíteo. Aqueles alumnos do plan a extinguir que non teñan feitos os estudos de casos, poderán asisitir as clases para a súa recuperación ou senon os profesores propondrán outros traballos alternativos.

O "alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicará o inicio do curso a súa situación á profesora coordinadora da materia, según establece a normativa da UDC.