Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición do profesor complementada co uso de medios audivisuales e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Traballos tutelados - REALIZACIÓN DUN PROXECTO TÉCNICO
Unha parte do traballo (O documento Planos) desenvolverase durante as horas presenciais de prácticas.
A elaboración do resto de documentos formará parte do traballo persoal do alumno, a desenvolver en horas non presenciais.

- REALIZACIÓN DA DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA UNHA PATENTE
O traballo consistirá na realización e exposición, dunha MEMORIA DESCRITIVA que ha de constar de:
Unha descrición da invención para a que se solicita a patente
Unha ou varias reivindicacións.
Os debuxos aos que se refiren a descrición ou as reivindicacións

Ambos os traballos realizásense en grupo.
Presentación oral O alumnado realizará a exposición do traballo de patentes
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a xornadas técnicas e elaboración dun informe
Proba obxectiva Realízase un exame de teoría, sobre o temario exposto nas horas presenciais