Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 B1 B2 B4 B5 C3 Computarán ata o 20% da nota final se se ten o 100% de asistencia e preséntase unha breve descrición-memoria final apta. Son obrigatorias e a súa non realización, ou se realizándose non se alcanza o 50% do seu peso, impídese a superación da materia.

20
Proba obxectiva A4 B1 B2 B3 B4 B5 -Proba a realizar nas correspondentes convocatorias oficiais e puntuará cun máximo do 40% da nota final.
-É voluntaria, se alcance ou non o 5 na suma das contribucións a nota final do alcanzado nas outras metodoloxías de avaliación permite subir a nota na súa contribución como sumando na nota final (ata en 4 puntos).
-A duración da proba obxectiva será de 2 horas e constará de 20 cuestións de igual valor, podendo ser tipo test cunha ou varias solucións ou de resposta curta, onde polo menos tres serán exercicios sobre os temas traballados ao longo do curso.
- A duración é ampliable para o estudante que teña concedida adaptación á diversidade que estime % de tempo adicional establecido polo servizo ADI da UDC.

40
Sesión maxistral A4 B2 B3 B4 B5 Terase en conta a asistencia regular activa do alumno ás sesións cun 10% da nota final. A sistencia teñe que ser superior ao 80% das sesións para que compute el punto da asistencia a sumar na nota final. 10
Solución de problemas A4 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 As probas escritas de resolución de problemas contribuirán á puntuación final cun máximo do 30% da nota alcanzada no conxunto delas (corríxense o total delas sobre 10 e aplícase o 30%). O 10 das mesmas distribuirase por igual entre o número de probas que se realicen no curso académico. Debe mínimo asistirse ao 80% das sesións e realizarse o 80% das súas probas.

30
 
Observacións avaliación

A puntuación final será:

A suma da asistencia activa a sesións maxistrais se mínimo asistiuse de forma activa ao 80% delas (ata 1 punto), máis a de prácticas, asistindo ao 100% e realizado o 100% das súas actividades realizando correctas mínimo o 50% do conxunto, condición para poder valorar a memoria da visita técnica (ata 2 puntos), e máis a puntuación alcanzada no total das probas de solución de problemas realizadas ao longo do curso, asistindo ao 80% delas e realizado mínimo a entrega do 80% das súas actividades (ata 3 puntos repartido o peso por igual entre as actividades de problemas propostas). Cando a suma deste tres sumandos non alcance o cinco ou, alcanzándose ou superándose, quérese subir nota deberá realizarse a proba obxectiva e sumarase a súa puntuación sobre dez afectada polo corenta por cen, e por iso, ata un máximo de 4 puntos, como novo sumando da nota final.

Non chegando ao cinco na suma de asistencia, problemas e prácticas e non presentándose á proba obxectiva oficial, a puntuación será a suma dos sumandos alcanzados nas metodoloxías onde se asistiu e realizou na porcentaxe indicada. O non presentado será para os casos nos que non se asistiu e realizou nada ou nas porcentaxes establecidas.