Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Trátase de unha exposición na aula, interactuando cos alumnos, de aquela información que se considera fundamental para acceder ós coñecementos da asignatura.
Esta exposición interactiva persigue uniformizar os coñecementos mínimos de partida de todolos alumnos, así como obter información do grado de coñecemento de partida dos alumnos para que o profesor poida estructurar con mais eficacia a exposición da materia.
Sesión maxistral Clases teóricas na aula. Aínda que o propósito fundamental sexa o de impartir os coñecementos teóricos propios da asignatura, habitualmente se utilizarán exemplos a modo de problemas ou exercicios coa finalidade de aclarar aqueles puntos da teoría que se presentan.
Solución de problemas Clases na aula, cun alto grado de participación (esperada) do alumno, coa finalidade de presentar problemas habituais e familiarizar ó alumno coas pautas de razoamento e os coñecementos necesarios para acadar una solución.
Prácticas a través de TIC Exposición na aula de informática da resolución de determinados problemas utilizando ferramentas informáticas específicas relacionadas coas matemáticas.
Proba de ensaio Examen. Xeralmente composto por cuestións prácticas, de exposición que simula unha realidade plausible, que porá en proba o grao de coñecementos acadado á hora de analizar, plantexar e resolver novos problemas.