Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia.
Sesión maxistral Clases teóricas nas que se abordarán os contidos da asignatura.
Solución de problemas Resolverase en clase unha colección de exercicios de exames de anos anteriores representativos dos contidos tratados nas clases teóricas.
Lecturas Manexo de documentación técnica diversa, incluindo catálogos comerciais e manuais proporcionados polos fabricantes de equipos.
Proba obxectiva Ademais do traballo de curso, os alumnos deberán realizar un exame final sobre os contidos da materia, que consta dunha serie de cuestións teórico – prácticas, ademais de varios problemas de aplicación, cunha duración total aproximada de dúas horas e media.
Traballos tutelados No traballo de curso os alumnos deberán analizar de forma colectiva tanto funcional coma estruturalmente un elemento de uso cotián, de acordo coas directrices establecidas na clase.