Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación oral dos contidos teóricos do temario apoiada e complementada co uso de medios audiovisuais.
En ocasións utilizaranse preguntas para desenvolver unha discusión dirixida en torno a un tema concreto.
Obradoiro No obradoiro levaranse a cabo exercicios individuais e/ou en grupo, que se entregarán ao remate da clase ou (de non ser o caso) na forma estimada pola profesora.
Estes exercicios poñerán en práctica algúns dos aspectos tratados nas sesións maxistrais e aulas teóricas.
Proba de resposta breve A avaliación dos contidos teóricos farase mediante unha proba de preguntas cortas.
Traballos tutelados Ao longo da materia os alumnos desenvolverán un traballo proposto polo profesor.