Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estatística Código 610G02005
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Jacome Pumar, Maria Amalia
Correo electrónico
maria.amalia.jacome@udc.es
Profesorado
,
Jacome Pumar, Maria Amalia
López Cheda, Ana
Novo Díaz, Silvia
Correo electrónico
rebeca.pelaez@udc.es
maria.amalia.jacome@udc.es
ana.lopez.cheda@udc.es
s.novo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia proporciona un primeiro contacto do alumnado coas técnicas estatísticas: modelización estatística, ferramentas estatísticas para a análise de datos, procedementos de crítica e diagnose dos resultados e interpretación dos resultados en termos do problema proposto.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Proba resposta breve: computa na avaliación (10%), e farase online mediante a plataforma Moodle.udc.es Traballo tutelado: traballo práctico da parte de Estatística Descritiva (ED), que computa na avaliación (15%). *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais: non computan na avaliación. Impartiranse usando TEAMS na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Ademais, estas sesión por TEAMS poderanse complementar con explicacións con vídeos en formato SCORM, así como cuestionarios de autoavaliación (non avaliables), para que os alumnos poidan comprobar se entenderon ben os conceptos, e vexan o seu progreso. As prácticas TIC: non computan na avaliación. Na modalidade presencial consistían en análises de datos usando software estatístico (R) nas aulas de informática. Substitúense en moodle.udc.es por vídeos en formato SCORM onde se explica con detalle o desenvolvemento da práctica. Como axuda para o traballo tutelado, contarán en moodle.udc.es cun exemplo de traballo resolto completamente. Ademais, realizaranse titorías grupais semanais por TEAMS (ou mais segundo o demande o alumnado) para seguimento e apoio dos alumnos. Os seminarios de solución de problemas: non computan na avaliación. Na modalidade presencial impartíanse en grupos reducidos, substitúense en moodle.udc.es por arquivos PDF coa solución detallada dos exercicios, así como un exame de anos anteriores resolto. Ademais, realizaranse titorías grupais semanais por TEAMS (ou mais segundo o demande o alumnado) para seguimento e apoio dos alumnos. As probas obxectivas: computan na avaliación (75%). Pasan de se realizar presencialmente e modifícanse da seguinte maneira: (a) Bloque PROBABILIDADE: segue tendo un peso do 40% e realizarase de forma online usando moodle.udc.es (b) Bloque INFERENCIA (INF): a proba obxectiva presencial, que tiña un peso do 35%, pasaría a unha proba online en moodle.udc.es cun peso do 20% e mais un traballo tutelado da parte de INF cun peso do 15%. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo Electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Vídeo conferencia (Teams) Unha sesión semanal para tutoría grupal, na que se comprobará o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados. Realizarase dentro da franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Tamén se realizarán titorías individuais e grupais a demanda dos alumnos, fixadas previamente mediante correo electrónico. Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos” asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias 4. Modificacións na avaliación Proba final: 40% (Probabilidade) + 20% (Inferencia Estatística) Para cada parte, será un pequeno cuestionario test a realizar o día fixado para o exame. Na parte de Probabilidade será preciso achegar por Moodle copia da resolución dos exercicios. Para aqueles estudantes que teñan dificultades técnicas na realización da proba final mediante Moodle, existe a posibilidade de realizar a proba noutra hora ou día. Traballo en grupo: 15% (Estatística Descriptiva) + 15% (Inferencia Estatística) Traballo en grupo que consiste na análise descriptiva e inferencial dunha pequena base de datos con R. Cuestionarios test en Moodle: 10% Realización de cuestionarios de tipo test en Moodle de cada un dos temas da materia. *Observacións de avaliación: Ao longo do curso realízanse dous parciais, un para a parte de Probabilidade e outro da parte de Estatística Descriptiva e Inferencial, que permite liberar a parte correspondente da materia. Para aprobar a materia é necesario ter aprobada por separado cada unha das dúas partes das que consta. En caso contrario, de ter superado só un bloque ou ningún, a cualificación final será como máximo un 4.5. (a) PROBABILIDADE: para superar este bloque a suma da cualificación da proba final e mais dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). (b) ED - INF: para superar este bloque a suma da cualificación do traballo tutelado da parte de ED, da proba final e máis dos cuestionarios de avaliación debe ser como mínimo un 4.5 (sobre 10). Ademais, a cualificación na proba final no pode ser inferior a un 4 (sobre 10). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de tódolos materiais de traballo dixitalizados en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías