Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Principios económico-contables da empresa Código 612G01005
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Novo Corti, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.novo.corti@udc.es
Profesorado
López Bermúdez, Beatriz
Novo Corti, Maria Isabel
Picatoste Novo, José María
Correo electrónico
beatriz.lopez2@udc.es
isabel.novo.corti@udc.es
j.pnovo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia está dirixida aos estudantes de primeiro curso do Grao en Dereito. Ten a consideración de materia básica porque nela estúdanse conceptos fundamentais de economía e de contabilidade nacional, útiles non só para os estudantes de Dereito como tales, senón tamén como cidadáns que consomen, invisten, reciben subvencións públicas, pagan impostos e adoptan outras moitas decisións en materia económica. Tendo en conta que a materia é parte fundamental de toda actividade financeira, empresarial, social, xurídica ou política a disciplina resulta necesaria e imprescindible dentro do contexto da titulación. A materia consta de seis créditos ECTS. Nela, explícanse os conceptos básicos, instrumentos e criterios necesarios para ter un coñecemento xeral sobre as cuestións económicas máis relevantes. O seu desenvolvemento está pensado para alumnos que se inician no estudo da economía e contabilidade nacional, e que necesitan ter unha visión global das mesmas e das diferentes cuestións e problemática que a integran. Exponse o coñecemento dos principios económicos contables dende un enfque multidisciplinar e como tal non pretendemos estudar o tema en toda a súa extensión e profundidade, senón simplemente ofrecer ao alumno unha visión panorámica da mesma, como corresponde á idea dun programa ao nivel dunha materia integrada nun grao de Dereito.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Non se realizarán cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Os estudantes serán atendidos a través do correo electrónico, plataforma Moodle, Teams ou calquera outra vía que a Univesidade poña a disposición da comunidade universitaria. 4. Modificacións na avaliación Non se realizarán cambios 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías