Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dereito Mercantil: Dereito de sociedades e de títulos-valores Código 612G01022
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Coordinación
Garcia Perez, Rafael
Correo electrónico
rafael.garcia.perez@udc.es
Profesorado
Arean Lalin, Manuel
Cernadas Lázare, Marta
Garcia Perez, Rafael
Correo electrónico
manuel.arean@udc.es
marta.cernadas.lazare@udc.es
rafael.garcia.perez@udc.es
Web
Descrición xeral Na materia estúdase o Dereito de sociedades, con especial atención ás sociedades de capital, e o Dereito dos títulos-valores, facendo particular fincapé no réxime xurídico da letra de cambio.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral. - Lecturas. - Estudo de casos. - Solución de problemas. - Proba obxectiva. *Metodoloxías docentes que se modifican: - Eventos científicos e/ou divulgativos: celebraranse únicamente se son virtuais. - Proba de ensaio. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: segundo necesidade. Empregarase para facer consultas, solicitar titorías virtuais, resolver dúbidas e demáis cuestións relativas á materia. - Moodle: segundo necesidade. Tanto en situación de presencialidade como de non presencialidade, esta ferramenta utilizarase para comunicarnos co alumnado e facilitarlles o material e as prácticas da materia. Ademáis, habilitaranse os foros pertinentes para recoller as dúbidas. -Teams: empregarase segundo a solicitude do alumnado. Esta ferramenta será utilizada para realizar as titorías de forma virtual. - Bloc de notas de clase de Microsoft OneNote: segundo necesidade. 4. Modificacións na avaliación A proba obxectiva representa o 50% da cualificación e consiste nun exame tipo test. Esta proba test segue a contar do mesmo número de preguntas, 30, e os mesmos criterios de puntuación, cada 3 respostas mal contestadas, réstase unha correcta. O test ten carácter eliminatorio pero, en caso de ter que aplicar o plan de continxencia, a puntuación mínima desta proba é de 12 puntos sobre 30. O exame tipo test realizarase a través da plataforma de Moodle. A proba de ensaio, que consiste na resolución dun caso práctico coa utilización dun código de leis non comentado e que representa o 30% da cualificación, suprímese. O peso da avaliación continua, que representa o 20% da cualificación e consiste na resolución de casos prácticos e na asistencia e participación nas clases interactivas, modifícase para aumentalo, en caso de ter que aplicar o plan de continxencia, ao 50%. *Observacións de avaliación: Requisitos para superar a materia: 1. Obter unha puntuación mínima de 12 puntos sobre 30 no test. 2. Que a suma da nota obtida no test e na avaliación continua sexa de 5 o máis puntos, sobre 10. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios na bibliografía recollida na guía docente. O alumnado terá dispoñible en Moodle o material empregado en clase, que é o necesario para o estudo da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías