Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia Código 613G01009
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Velasco Souto, Carlos Francisco
Correo electrónico
carlos.velasco@udc.es
Profesorado
Alonso Troncoso, Victor
Velasco Souto, Carlos Francisco
Correo electrónico
v.alonso.troncoso@udc.es
carlos.velasco@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Analise do discurso histórico como marco de referencia para os estudos linguisticos e literarios. Comentario dalguns dos conceptos básicos no uso e a escritura da historia como a temporalidade, o espazo, suxeito, obxecto e evolución do discurso histórico.
Plan de continxencia MODIFICACIÓNS DA GUÍA DIDÁCTICA Addenda á Guía Docente por mor do COVID19 Modificacións nos contidos: Non Hai cambios. Metodoloxías • Metodoloxías docentes que se manteñen: Proba obxectiva, Recensión, Lecturas. • Metodoloxías docentes que se modifican: Sesión maxistral; Discusión dirixida/Obradoiro. -A Sesión Maxistral fornecedora dos contidos a examinar será substituída polo material fotocopiado e auto-explicativo facilitado no principio do curso, onde se desenvolve por extenso o programa da materia; acompañado de material digitalizado facilitado ao longo do curso se as circunstancias o requeriren. Así mesmo, para a preparación do ponto 4.4 do apartado de Contidos, deberán descarregar da rede o artigo electrónico da autoría do profesor Carlos Velasco Souto (2011), “Discurso histórico e construçom da identidade nacional. O caso da Galiza” e estudar o seu apartado introductorio (unhas 10 páxinas). A referencia do mesmo áchase indexada no apartado Fontes de Informaçión deste Guía Docente. -Discusión dirigida/Obradoiro: Os debates na aula serán substituídos por comentarios escritos sobre os mesmos materiais, previamente digitalizados e remetidos ao alumnado. .Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Ferramenta: Correo electrónico Temporalización: Sen frecuencia definida Modificacións na avaliación: Metodoloxías: -Proba obxectiva. Peso na cualificación: 40% A proba obxetiva non presencial será realizada en modalidade síncrona a través de Moodle e correo electrónico e sen vixilancia. Durará arredor de 90 minutos e consistirá en cuestións que os alumnos deberán responder previa reflexión e utilización de material impreso e digital no seu poder. Transcorrido ese tempo, deberán remeter os seus exercicios a través de Moodle e correo electrónico ao profesor. Caso de problemas de conectividade, a alternativa será formular aos alumnos un ou dous temas para reflexión, que deberán entregar nun par de dias por correo electrónico. -Recensión bibliográfica. Peso na avaliación 50% Este exercicio será entregado telematicamente no mes de marzo polo alumnado. -Discusión dirixida/Obradoiro. Peso na avaliación: 10% A avaliaçión conxunta destas metodoloxías será feita conforme ás intervençións do alunado realizadas antes da suspensión da presencialidade ou, no seu caso, substituído por comentarios de materiais digitalizados. Observacións de avaliación: 1.Na segunda oportunidade o alumnado só terá que presentarse ás metodoloxías que non teña aprobado na primeira. Gárdanse portanto as cualificacións de aprobado cando as houber. 2. No caso concreto das metodoloxías Discusión Dirixida/Obradoiro, na segunda oportunidade os alumnos/as entregarán un número de comentarios referidos ao material obxeto de discusión nas aulas presenciais (textos e capítulos de novela histórica) en cantidade equivalente ao número de sesión realizadas ou, no seu caso, dos materiais digitalizados facilitados. . Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non hai.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías