Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua e Sociedade Código 613G01048
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Profesorado
,
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
eleonora.guzzi@udc.es
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudio da interacción entre lingua e sociedade en diversos niveis, con especial atención ao estudo das situacións de contacto de lenguas e á incidencia de factores sociais na configuración das actitudes e das ideoloxías lingüísticas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, excepto a exposición pública e presencial de traballos. *Metodoloxías docentes que se modifican A exposición e defensa pública dos traballos titorizadas e dalgunhas actividades substituirase, se é posible, pola exposición en liña mediante videoconferencia. Se for necesario, os/as estudantes tamén poderían gravar a súa exposición, e que esta se visualizase máis tarde. O traballo colaborativo reducirase, e sempre se fará garantindo as normas de seguridade sanitaria. Outras metodoloxías non se modifican, pero adaptaranse ao sistema non presencial. Os/as estudantes dirixirán as súas preguntas sobre os textos de traballo ao profesor/a antes da sesión semanal, no prazo establecido polo profesor/a. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada farase nos horarios de titoría oficiais establecidos, e previa cita co profesor a través do correo electrónico. Utilizaranse o correo electrónico, Moodle (correo, foros, chats), Teams (videoconferencia, chat, intercambio de ficheiros…), e calquera outro recurso que a UDC poña a dispor da comunidade universitaria. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións xerais. Quen teña dispensa académica oficial ou menos dun 5.00 en “asistencia, participación e desempeño”, recibirá un 40% polo traballo titorizado (en vez do 30%). *Observacións de avaliación: Non haberá ningunha modificación nas probas de avaliación nin no seu peso na cualificación final. A materia está deseñada para que todas as probas de avaliación se realicen de forma non presencial. Habilitaranse procedementos de revisión das actividades e probas realizadas, utilizando os recursos tecnolóxicos proporcionados pola universidade. Se o profesor/a ve necesario convocar o/a estudante para resolver dúbidas sobre a realización das probas, farao do mesmo xeito. Sempre se procurará garantir a igualdade de oportunidades de todo o alumnado no seguimento da materia e a realización de tarefas avaliables. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non haberá ningunha modificación: o/a estudante dispón de todos os recursos de consulta necesarios en Moodle. Se é necesario algún máis, o profesor/a facilitarallo.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías