Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Filosofía e Literatura Código 613G03030
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Profesorado
Sucasas Peón, Juan Alberto
Correo electrónico
alberto.sucasas@udc.es
Web http://www.udc.es (página web de Fac. de Filología)
Descrición xeral Filosofía e Literatura é unha materia cuxo obxectivo esencial é o de proporcionar, no marco dos estudios literarios, un enfoque específicamente filosófico da creación literaria. Pretende, polo tanto, que o alumno complemente desde unha perspectiva distinta (a que proporcionan os conceptos e teorías filosóficos) a súa visión do feito literario. Por unha banda, aborda como a filosofía ten tematizado a diversidade de xéneros literarios (centrándose en tres deles: ensaio, poesía e narrativa); pola outra, propón exercicios hermenéuticos (é dicir, interpretativos) de textos literarios desde un punto de vista filosófico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Práctica do comentario por parte do alumnado dos fragmentos extraídos dos textos e elaboración dun traballo persoal (interpretación dun texto literario dende unha perspectiva filosófica) *Metodoloxías docentes que se modifican De desaparecer a docencia presencial, manterase o horario oficial de clases con docencia virtual a través de Microsoft Teams. Tamén se ofrecerá a posibilidade de titorías vía e-mail ou mesmo Microsoft Teams 3. Mecanismos de atención persoalizada ó alumnado Posibilidade de titorías virtuais dentro do horario oficial de titorías 4. Modificacións na avaliación Suprímese a proba mixta, resultando a cualificación do alumno dos seguintes aspectos: 2 comentarios (40 %) - proba do libro de lectura (30 %) - traballo persoal (30 %) *Observacións de avaliación: Os criterios de valoración dos comentarios seguen a ser os vixentes para o ensino presencial A proba do libro de lectura realizarase virtualmente e constará de cuestións de resposta breve. No traballo persoal valorarase a aportación persoal na súa elaboración (tanto en contidos como en prantexamento expositivo), dándolle particular relevancia ó esforzo por explicitar o potencial contido filosófico dun texto literario. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía O mesmo que no ensino presencial, facilitaranse ó alumnado arquivos con material complementario sobre la unidades temáticas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías