Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura Norteamericana nos seus Textos Código 613G03047
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Profesorado
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso está deseñado co fin de que a/o estudiante se familiarice coa literatura multi-étnica dos Estados Unidos. Prestarase especial atención á segunda metade do século XX e ao século XXI. Esta materia complementa as das asignaturas obrigatorias de literatura norteamericana; daquela, se optará por seleccionar un número limitado de "estudos de caso" (p. ex. textos da tradición literaria asiático-americana).
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Simplificación das fontes primarias de lectura obrigatoria. Dependendo das circunstancias, algún texto poderá ser de lectura opcional. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen • Lectura de fontes primarias e secundarias (pódense realizar de xeito autónomo na casa). • Traballos grupais (seguirán a utilizarse os foros de debate en Moodle). Nun escenario de docencia non presencial, a exposición oral do traballo poderá eliminarse ou ser substituída por exposicións gravadas (vid. Infra). Metodoloxías docentes que se modifican • Nun escenario de docencia non presencial, a análise de fontes documentais levarase a cabo por medio de foros interactivos de Moodle, así como por pequenas tarefas/assignments de Moodle. • As clases expositivas ou “leccións maxistrais” serán substituídas por (ou complementadas con) recursos textuais (documentos PDF) e audiovisuais (presentacións gravadas); • Presentación oral do traballo en grupo: a exposición oral do traballo poderá eliminarse ou ser substituída por exposicións gravadas. • Proba mixta presencial: substituída por proba mixta realizada con medios telemáticos 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización • Moodle (foros de dúbidas) • E-mail (consultas individuais) Semanalmente (a petición do alumnado) Semanalmente (a petición do alumnado) 4. Modificacións na avaliación O peso na cualificación de cada un dos tres apartados non sufrirá cambios, pero si se adaptarán as metodoloxías: • METODOLOXÍA “análise de fuentes documentales” (30%): levarase a cabo por medio de foros interactivos de Moodle (discussion forums) e/ou pequenas tarefas/assignments de Moodle. • METODOLOXÍA “traballo en grupo” (30%): a natureza deste “collaborative project” non cambia, pero nun escenario de docencia non presencial, a exposición oral do traballo poderá eliminarse ou ser substituída por exposicións gravadas. • METODOLOXÍA “proba mixta” (40%): A proba final (40%) levarase a cabo por medio da ferramenta “assignment” de Moodle na data oficial do exame; en caso de problemas constatados de conectividade, esta proba podería levarse a cabo oralmente, mediante chamada telefónica. OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: MODIFICACIÓN NA AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: como no caso da primeira oportunidade, nun escenario “non presencial” a proba final (40%) levarase a cabo por medio de Moodle na data oficial do exame (en caso de problemas constatados de conectividade, esta proba podería levarse a cabo oralmente, mediante chamada telefónica); o 30% correspondente aos exercicios de análise textual tamén se realizarán por medio de Moodle na data do exame; finalmente, haberá unha proba oral, en substitución do 30% do traballo grupal, que será levada a cabo por vídeo-conferencia (Teams) ou, se houber problemas técnicos, por teléfono. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Facilitación de recursos electrónicos. As fontes primarias obrigatorias de extensión reducida estarán dispoñibles en Moodle. En canto ás fontes secundarias, engadiranse máis recursos electrónicos (p. ex. extractos en PDF, recursos propios da docente) ou en liña (p.ex. ligazóns a recursos bibliográficos da Biblioteca da UDC).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías