Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Redes Seguras Código 614530006
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Novoa De Manuel, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.javier.novoa@udc.es
Profesorado
Novoa De Manuel, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.javier.novoa@udc.es
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral A materia Redes Seguras ten como obxectivo principal que os estudantes aprendan a deseñar e implementar infraestruturas de rede capaces de proporciona-los servizos de seguridade precisos nun contorno corporativo moderno. Deberán coñecer as arquitecturas de seguridad de referencia e seren quen de configuralas en mantelas, utilizando para iso tecnoloxías como IDS/IPS e Firewalls entre outros. A materia esta concebida para que as prácticas de laboratorio, con equipos físicos e virtuáis teñan unha importancia capital no proceso de aprendizaxe
Plan de continxencia Plan de continxencia A: confinamento total ou parcial de estudantes e/ou profesors 1. Modificacións nos contidos: non hai 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral, impartida a través de videoconferencia - Prácticas a través de las TIC, impártese mediante o uso de simuladores e/ou acceso remoto ao equipamento da aula. - Proba obxectiva, a través de Faitic, Moodle ou outra ferramenta que proporcionen UVigo e/ou UDC. - Proba práctica, mantense usando simuladores, acceso remoto e ferramentas de videoconferencia 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Moodle: sempre. Tódolos recursos docentes (diapositivas, enunciado da práctica, anuncios, software, etc.) están dispoñibles a través de Moodle. - Teams: semanalmente. As titorías aténdense por Teams nos horarios oficiais de cada profesor. - Correo electrónico: sempre. Para responder a calquera cuestión. 4. Modificacións na avaliación: ningunha *Observacións de avaliación: No caso de non poder realizarse presencialmente, levaranse a cabo: - Proba obxectiva: a través de Faitic e Campus Remoto ou Teams - Proba práctica: a través de simuladores e/ou mecanismos de acceso remoto. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha Plan de continxencia B: número de estudantes excede o aforo da aula 1. Modificacións nos contidos: non hai 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral, estableceranse dous grupos que asistirán presencialmente semanas alternas. Artellarase unha solución de videoconferencia (Campus Remoto ou Teams) para acceder ás sesións remotamente. - Prácticas a través de las TIC, estableceranse dous grupos que asistirán presencialmente semanas alternas. Artellarase unha solución de acceso remoto ou simuladores para o grupo que non poida asistir presencialmente. - Proba obxectiva, habilitarase un aula con aforo suficiente - Proba práctica, estableceránse quendas para facer a proba. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Moodle: sempre. Tódolos recursos docentes (diapositivas, enunciado da práctica, anuncios, software, etc.) están dispoñibles a través de Moodle. - Teams: semanalmente. As titorías aténdense por Teams nos horarios oficiais de cada profesor. - Correo electrónico: sempre. Para responder a calquera cuestión. 4. Modificacións na avaliación: ningunha *Observacións de avaliación: No caso de non poder realizarse presencialmente, levaranse a cabo: - Proba obxectiva, habilitarase un aula con aforo suficiente - Proba práctica, estableceranse quendas para facer a proba. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías