Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Turismo e desenvolvemento sostible: A calidade dos destinos e produtos turísticos Código 615524001
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Martinez Carballo, Manuel
Correo electrónico
manuel.martinez.carballo@udc.es
Profesorado
Martinez Carballo, Manuel
Rivas Iglesias, Carlos Alberto
Correo electrónico
manuel.martinez.carballo@udc.es
c.rivas@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia está dividida en dúas partes ben diferenciadas. O obxectivo da 1ª PARTE (O TURISMO E O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DOS DESTINOS E PRODUTOS TURÍSTICOS) é o estudo do desenvolvemento sostible e da responsabilidade social empresarial aplicados ao turismo, coñecer os criterios de sustentabilidade no sector turístico, a compatibilidade entre usos turísticos e conservación, a aplicación de indicadores de sustentabilidade, así como, a xestión de visitantes e de destinos con base na sustentabilidade. O obxectivo da 2ª PARTE (O TURISMO E A CALIDADE DOS DESTINOS E PRODUTOS TURÍSTICOS) é coñecer todo aquilo relacionado coa calidade no ámbito do turismo. Desde o concepto da calidade, a súa evolución histórica, … ata os sistemas de xestión da calidade e calidade total máis utilizados habitualmente no sector do turismo e a súa aplicación no caso de destinos e produtos turísticos. Algunhas aplicacións prácticas da materia veñen explicadas como axuda ao desenvolvemento da sustentabilidade/calidade dun plan de dinamización turística, á creación dunha marca de calidade ou dun sistema de xestión da calidade dun destino e/ou produto turístico, establecemento dun cadro/mapa de indicadores de desenvolvemento sustentable do turismo... Na plataforma Moodle da UDC (https://moodle.udc.es/) terase acceso a todo o material didáctico básico e complementario (arquivos de presentación, arquivos multimedia, artigos/libros/documentos de referencia, foros de discusión, …) para o seu seguimento.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías