Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Novas tecnoloxías aplicadas a destinos e produtos turísticos Código 615524005
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Parama Gabia, Jose Ramon
Correo electrónico
jose.parama@udc.es
Profesorado
Parama Gabia, Jose Ramon
Ramos Montes, Óscar
Correo electrónico
jose.parama@udc.es
oramos@udc.es
Web
Descrición xeral Hoxe en día as novas tecnoloxías están presentes en todos os ámbitos da nosa vida, o turismo non é unha excepción. Nesta materia, explóranse varios aspectos destas tecnoloxías aplicadas ao turismo. Primeiro, estúdanse as características dun sitio web de turismo segundo a OMT (Organización Mundial do Turismo). O obxectivo é ser capaz de avaliar a idoneidade do deseño e estructuración dun sitio web sobre turismo. Dentro desta mesma liña, aprenderás a desenvolver blogs con ferramentas sinxelas. Outra tecnoloxía de interese evidente para o mundo do turismo son os Sistemas de Información Xeográfica (SIG), que permiten asociar información multimedia a puntos dun mapa. Despois dunha breve introdución ao GIS, aprenderase a desenvolver un GIS sinxelo con ferramentas fáciles de usar. Finalmente, farase unha revisión das tecnoloxías máis modernas e aplicables ao mundo do turismo, para motivar a necesidade de innovación tecnolóxica tamén no marco do turismo, como aspecto fundamental para a mellora e diferenciación dos nosos produtos turísticos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos). - Solución de problemas: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos). Titorías individuais e/ou grupais mediante Teams. - Prácticas de laboratorio: combinación de sesións de Teams on-line (síncronas) e vídeos (asíncronos). Titorías individuais e/ou grupais vía Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Dado que a docencia será exclusivamente virtual, toda a atención personalizada será realizada a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, correo electrónico, foros de Moodle) - Para as titorías, pedirase aos estudantes que soliciten cita para realizar videochamadas nos horarios establecidos en espazos.udc.es. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que o traballo de "Exposición dunha tecnoloxía ou proxecto TIC innovador no sector turístico" pasará a ser un traballo escrito tamén para os alumnos de modalidade presencial. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías