Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Socioloxía da familia Código 615G01305
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Martínez Buján, Raquel
Correo electrónico
raquel.bujan@udc.es
Profesorado
Diz Reboredo, Carlos
Martínez Buján, Raquel
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
raquel.bujan@udc.es
Web
Descrición xeral A especialidade dun campo científico sobre a familia dentro do Grao de Socioloxía responde á necesidade de analizar as repercusións da dinámica familiar e os seus cambios en relación ás transformacións que ocorren no resto dos subsistemas sociais (as institucións económicas, educativas e políticas). Aínda que os inicios desta disciplina vincúlanse a outros campos académicos como a historia e a demografía, o desenvolvemento que tivo a socioloxía española nos anos sesenta levou a un avance nesta materia. A familia comezou a formar parte dos estudos sociolóxicos ao entenderse que o cambio familiar non afecta unicamente á composición e estrutura dos fogares, senón tamén á cultura na que se insere. Aínda así, no noso país as investigacións e a docencia no ámbito da Socioloxía da Familia estiveron moi vinculadas a institucións relixiosas e eclesiásticas. As achegas teóricas de autoras feministas han ido modificando ese panorama ata que na actualidade prácticamente non se entende que poida estudarse a familia sen a incorporación dunha perspectiva de xénero. Precisamente ese será o enfoque que predominará na docencia desta materia. Por iso, comezaremos explicando no tema 1, A evolución da familia en España, os cambios básicos máis relevantes na estrutura da familia así como os elementos que incidiron no seu cambio. Este tema permítenos adquirir unha visión xeral de como se modificaron as estratexias e pautas da formación das familias entendendo que os novos comportamentos son produto dos procesos de modernización, privatización da vida familiar e aumento da autonomía individual dos seus membros. Desta primeira aproximación ás formas familiares en España e a súa evolución histórica penetrámonos nun capítulo máis teórico, o tema 2 “Buscando o lugar das familias na teoría sociolóxica”, enfocado ao ámbito de como a socioloxía analizou ás familias desde as opcións máis clásicas cara ás máis contemporáneas. O capítulo 3, As achegas da teoría feminista ao estudo das familias, segue sendo eminentemente teórico pero incorpora os avances que as teorías feministas han realizado aos estudos da familia en España e cales foron as súas repercusións noutras disciplinas académicas. Destacarase fundamentalmente o novo xiro das teorías feministas cara ao estudo dos traballos de coidados nas familias e a repartición do traballo reprodutivo entre xéneros e xeracións. Despois de visualizar as teorías non penetramos no ámbito das dinámicas familiares internas. É dicir, a organización real das familias segundo a súa composición e as actitudes culturais dos seus membros. Neste eido, estudaremos como se produce a división do traballo doméstico, como se modificou a composición dos roles familiares e que repercusións tiveron nos modelos de familias. A finalidade do tema 4, Dinámicas familiares internas, é estudar como os cambios sociais máis relevantes viñeron acompañados da axencia das mulleres e o seu papel no interior das familias. O último dos temas, Familia e Estado, analiza o papel das familias como axencias de provisión en España ante a ausencia de políticas públicas adecuadas que cubran os riscos sociais dos individuos. Este capítulo, por tanto, serve para analizar as relacións existentes entre as familias e os estados e como a fundación das políticas sociais realizouse baseándose na configuración familiar existente nese momento no país.
Plan de continxencia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías