Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2023/24
Subject (*) Physiology of Exercise I Code 620G01013
Study programme
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Second Basic training 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Educación Física e Deportiva
Coordinador
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
E-mail
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
Lecturers
Carballeira Fernández, Eduardo
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Padrón Cabo, Alexis
E-mail
eduardo.carballeira@udc.es
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
a.cabo@udc.es
Web
General description A Fisioloxía do Exercicio I é unha materia cuadrimestral, de 6 créditos ECTS, que pertence ao Módulo 2, Materias básicas da rama de Ciencias da Saúde (formación básica). Como o seu propio nome indica, encárgase de estudar o comportamento dos diferentes aparatos e sistemas durante o exercicio, entendéndoo no seu sentido máis amplo, desde a actividade física máis espontánea e informal ata os máis elevados niveis de adestramento e competición deportivos. Coñecer como responde o corpo humano e como é capaz de adaptarse constitúe a base para a avaliación da condición física e para axustar os parámetros do adestramento aos obxectivos desexados. A fisioloxía do exercicio impártese no segundo e no terceiro cursos do Grao dividida en dúas materias, Fisioloxía do Exercicio I e Fisioloxía do Exercicio II. Na que nos ocupa agora, a Fisioloxía do Exercicio I, estudamos a anatomía e a fisioloxía dos diferentes aparellos e sistemas e cales son as súas respostas (cambios agudos) fronte ao exercicio e as adaptacións (cambios crónicos) tras o adestramento e como se poden medir e avaliar. Na Fisioloxía do Exercicio II faise un enfoque máis aplicado e integral; abórdanse cuestións relacionadas coa condición física, desde os fundamentos fisiolóxicos ata as probas de avaliación e as situacións ambientais especiais, os aspectos relacionados coa idade e o xénero e outros como a fatiga e as axudas ergoxénicas e o doping. Os contidos da Fisioloxía do Exercicio I están divididos en 4 módulos: Módulo 1 INTRODUCIÓN: aproximación conceptual e histórica á fisioloxía do exercicio e xeneralidades sobre as respostas e as adaptacións ao exercicio. Módulo 2 FUNCIÓN NEUROMUSCULAR E EXERCICIO: estudo da estrutura e función do sistema nervioso e do músculo esquelético, respostas e adaptacións neuromusculares ao exercicio e ao adestramento e como medilas e avalialas; respecto ao SN, nesta materia veranse os contidos sobre anatomía e estrutura necesarios para comprender a fisioloxía, que se aborda con maior profundidade na materia de "Aprendizaxe e Control Motor". Módulo 3 METABOLISMO e BIOENERGÉTICA: estudo do metabolismo e os sistemas de transferencia de enerxía en repouso e durante o exercicio, a súa regulación neuroendócrina, as respostas e adaptacións ao exercicio e ao adestramento, os cálculos enerxéticos e a identificación dos roteiros enerxéticos usados nos diferentes tipos de exercicio. Módulo 4, FUNCIÓN CARDIORRESPIRATORIA E EXERCICIO: estudo da anatomía e a fisioloxía do sistema cardiovascular e do aparello respiratorio, así como as súas respostas e adaptacións ao exercicio e ao adestramento e como medilas e avalialas.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.