Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxectos Avanzados Código 630519005
Titulación
Mestrado Universitario en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Crespo Gonzalez, Cristobal
Creus Andrade, Juan Jose
Fernández-Albalat Ruiz, Andrés
Martínez González, Carlos
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Prieto López, Juan Ignacio
Correo electrónico
cristobal.crespo@udc.es
juan.creus@udc.es
andres.fernandez-albalat@udc.es
c.martinez.gonzalez@udc.es
jorge.meijide@udc.es
juan.prieto1@udc.es
Web
Descrición xeral A materia PROXECTOS AVANZADOS DE ARQUITECTURA, ademáis do tratamento teórico de temas instrumentais e de reflexión, ten un enfoque eminentemente práctico, analítico e profesional. O tema tratado e o traballo realizado nesta asignatura serve de base necesaria para o desenrolo do PFC no seguinte cuatrimestre na materia TFM. Consiste na elaboración dun documento de proxecto, a nivel de Proxecto Básico, no que o alumno analiza o lugar, representa o seu estado actual e desenrola ideas que conflúen nun proxecto de arquitectura que define e resolve as relacións territoriais e paisaxísticas, a distribución e aspectos funcionais, o volume e a implantación urbanística, así como os aspectos máis relevantes do soporte e relación co terreo ou a materialidade e acabados principais dos seus elementos. O traballo, inda que faise de xeito individual, conta con fases de análise e elaboración colaborativa e participativa implementado ferramentas relacionadas co manexo de escalas, condicións de uso, materiais e novas tecnoloxías. Os temas de proxecto serán elixidos para cada Curso Académico, tendo en conta problemáticas actuáis da sociedade que a arquitectura debe resolver e que terán desenrolo nos Obradoiros do TFM con maior profundidade técnica e proxectual. A través de sesións de posta en común, contarase coa opinión, tanto de axentes relacionados co tema proposto como de arquitectos que expliquen as súas propias obras, poñendo especial atención nos procesos de traballo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías previstas que se manteñen -Todas agás Aprendizaxe colaborativa **Metodoloxías docentes que se modifican -As Aprendizaxes colaborativas que se vexan interrompidas durante períodos de confinamento, substituiranse por unha intensificación da correspondente á Análise de fontes documentais. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: Sesións semanais en gran grupo ou en pequeno grupo (ata 6 persoas) que se programarán en función das horas que a materia ten asignadas no horario do centro e das necesidades de seguimento particular que se establezan para o axeitado seguimento dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Os Traballos tutelados e Portafolios do alumno, no caso de imposibilidade de entrega presencial, só serán entregados en formato dixital ao través da ferramenta Moodle. Avaliación: Traballos tutelados e Portafolios do alumno (100%): En relación cos traballos tutelados e Portafolios do alumno valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: - Esixirase do alumnado unha participación activa, que permita realizar o seguimiento e evolución dos traballos e verificar a súa autoría. Para iso, dispoñeranse tarefas abertas en Moodle. - As entregas faranse a través da plataforma Moodle, cos mesmos criterios establecidos para a docencia presencial, eliminando a entrega material nas dependencias da ETSAC. - Non será necesario realizar entregas en formato físico. Non obstante, o alumnado poderá ser requerido a mostrar maquetas de traballo durante as exposicións públicas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías