Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sistemas de Navegación e Comunicacións Código 631G01311
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Lopez Varela, Pablo
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
Profesorado
López López, María Natividad
Lopez Varela, Pablo
Correo electrónico
natividad.lopezl@udc.es
pablo.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está orientada a suministrar o alumnado da mención en xestión e administración marítima un coñecementp básico, tanto teórico como práctico, dos distintos sistemas de axuda á navegación e de radiocomunicacións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense as metodoloxías de lecturas e sesión maxistral (que este curso xa se impartirá, a prior, de xeito online), o resto modifícanse para adaptalas o formato non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican Prácticas de laboratorio: Contabilizaranse aquelas que se puideran realizar, o resto substituiranse por traballos tutelados adicionais (adicionais os planificados na guía docente) de obrigatoria realización para poder seguir a avaliación continua. Traballo tutelados: Mantéñense ca particularidade de que as titorías obrigatorias para o seu seguimento serán online. Proba obxectiva: De ser posible manter a presencialidade, tanto das probas parciais coma dos exames finais de 1ª e 2ª oportunidades, estes realizarase con normalidade tal e como está descrito na guía docente. De non ser posible, realizarase online a través do Moodle e/ou Teams, mantendo os mesmos principios. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento das tarefas encomendadas. Moodle: Semanalmente. Para acceso ó temario da materia e para as tarefas encomendadas. Teams: No horario das clases maxistrais (establecido en xunta de escola), e conexións propostas a maiores para discusión dirixida de tarefas. Ademais de todas aquelas conexións precisas por parte do alumnado proposta con antelación. 4. Modificacións na avaliación Manteranse as mesmas metodoloxías de avaliación, cos seus porcentaxes correspondentes. *Observacións de avaliación: A pesar de manterse as metodoloxías de avaliación que figuran na guía docente, estas adaptaranse a non presencialidade do seguinte xeito. Respecto o cómputo da asistencia, tan só se aplicará respecto as clases presenciais de prácticas impartidas. Durante o escenario de non presencialidade, non se realizará control de asistencia, pero exixirase a realización dos traballos tutelados adicionais. Así, para poder presentarse os exames parciais, terase que asistir a un 80% das actividades presenciais realizadas ata ese momento, de habelas, e presentar tódolos traballos tutelados adicionais. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle exixirá unha asistencia mínima para poder presentarse os exames parciais, sen embargo, si será necesario que realice os traballos tutelados adicionais que se propoñan. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se fan modificacións da bibliografía respecto á guía docente, pero se facilitará ao alumnado unha serie de apuntes a través de moodle, suficientes para poder superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías