Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Sistemas de representación do territorio Código 632514047
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
alberto.varela@udc.es
Profesorado
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
alberto.varela@udc.es
Web
Descrición xeral A formulación da materia baséase en adquirir e desenvolver as capacidades de utilización da información xeográfica para representar e analizar o territorio, así como os fenómenos que nel se producen, tanto naturais como xerados polo home mediante o uso de métodos de análises geoespacial. Introducirase tamén ao alumno en técnicas de visualización avanzada do terreo, a paisaxe e a obra de Enxeñaría Civil integrada nel.. Os coñecementos teóricos serán transmitidos mediante o desenvolvemento de clases participativas complementadas con espazos virtuais de información, empregando numeroso material audiovisual. A maior parte das clases terán un carácter eminentemente práctico, polo que se fomentará o traballo diario mediante a realización de exercicios, que nalgúns casos deberanse entregar como parte da avaliación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen - Todas Metodoloxías docentes que se modifican - Ningunha 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Moodle: Diariamente. Segundo as necesidades do alumnado. Habilitaranse foros para cada tema para formular consultas, e para o desenvolvemento dos traballos da materia. - Teams: 1/2 sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos na franxa horaria da materia establecido no calendario docente. Sesións especiais fose de horario en grupos pequenos para o seguimento dos traballos (baixo demanda). Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. - Correo electro? nico: Diariamente. Para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos 4. Modificacines na avaliación Mantense as establecidas nas guía docente, aínda que as referencias ao cómputo da asistencia realizarase con respecto ás sesións presenciais que houbese ata o momento de suspensión da actividade presencial Observacións de avaliación: - Poderanse engadir algunha práctica ou resolución de problemas vinculada á temática da materia en función do grao de presencialidad alcanzando na materia. - A entrega de prácticas e o exame realizarase a través de Moodle, con apoio desde TEAMS, o correo electrónico ou o teléfono se fixese falta. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. O material de apoio necesario atópase dixitalizado na plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías