Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Introdución aos métodos numéricos Código 632G01014
Titulación
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
París López, José
Correo electrónico
jose.paris@udc.es
Profesorado
Couceiro Aguiar, Iván
Nogueira Garea, Xesus Anton
París López, José
Correo electrónico
ivan.couceiro.aguiar@udc.es
xesus.nogueira@udc.es
jose.paris@udc.es
Web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/grado_itop/221/
Descrición xeral Ver páxina web da asignatura: http://caminos.udc.es/info/asignaturas/grado_itop/221/
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán modificacións nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Publicación de boletíns de prácticas ao principio de cada tema para que resolvan os alumnos na páxina web da asignatura e en Moodle. - Publicación das solucións dos boletíns de prácticas ó finalizar cada tema da asignatura - Probas de seguemento das clases realizadas *Metodoloxías docentes que se modifican - Publicación de todo o material docente que se explicaría na clase presencial en formato dixital, convenientemente adaptado e desenvolvido para a docencia non presencial. - Realización de clases non presenciais a través dos medios telemáticos dispoñibles apoiados no material específico indicado no punto anterior. - Realización de clases non presenciais para resolución de exercicios dos boletíns de prácticas. - Proposta de exercicios prácticos de cada tema que os estudantes realizarán individualmente e que computarán na avaliación. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams -> En calquera momento en horario laboral previa cita (excepto en horas de clase) Correo electrónico -> En calquera momento Teléfono -> En calquera momento en horario laboral previa cita (excepto en horas de clase) 4. Modificacións na avaliación No caso de non poder realizarse a docencia de xeito presencial durante un período prolongado de tempo o sistema de avaliación terá en conta esta circunstancia. Así, os contidos impartidos non presencialmente serán avaliados do seguinte xeito: Un 70% da valoración dos temas non impartidos presencialmente recaerá na proba obxectiva. O 30% restante da valoración determinarase mediante exercicios prácticos propostos que os estudantes terán que facer individualmente e entregar nos plazos establecidos. En calquera caso os estudantes poderán recibir unha bonificación adicional na súa cualificación de ata un 10% pola realización de: probas de duración curta ao remate das clases, exercicios breves de seguemento, e por asistencia a clase. *Observacións de avaliación: Os exames realizados de xeito telemático consistirán en probas individuais e manuscritas a realizar polo estudante segundo o calendario de exames oficiais presentado. Para a realización do exame os estudantes poderán utilizar unha calculadora científica básica. Os estudantes escribirán ó comezo de cada folla do exame que vaian realizar, como mostra de lealtade e responsabilidade, a seguinte declaración: “Eu, nome apelido1 apelido2 con DNI: XXXXXXXX-X declaro pola miña honra que non utilizarei medios nin métodos fraudulentos para a realización de este exame de asignatura.” E asinarán ao lado indicando tamén a data e a hora. Os detalles acerca do horario e instrucións para a realización do exame publicaránse coa suficiente antelación. O exame será publicado nos medios de información habituais da asignatura de acordo co horario establecido (páxina web, Moodle, etc.). O estudante consultará o enunciado e respostará ás preguntas en follas en branco que leven como encabezamento a declaración arriba indicada. Unha vez rematado o exame de xeito telemático os profesores poderán contactar con calquera alumno e pedirlle que lles explique un ou varios apartados do mesmo. O estudante gardará obrigatoriamente os manuscritos orixinais e entregarallos ao profesor posteriormente cando a situación o permita. Se de xeito excepcional algún alumno tén un motivo xustificado polo que non poida facer o exame no día e hora establecidos establecerase outra data para realizar outro exame. En todos os casos garantirase a proporcionalidade do exame tendo en conta a excepcionalidade da situación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía ou webgrafía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías