Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Historia da Empresa Código 650G01005
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Lindoso Tato, Elvira
Correo electrónico
elvira.lindoso.tato@udc.es
Profesorado
Lindoso Tato, Elvira
Correo electrónico
elvira.lindoso.tato@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Historia da Empresa ofrece unha formación básica ao futuro graduado, orientado a traballar no ámbito empresarial e onde o coñecemento da evolución da empresa resulta determinante á hora de tomar decisións executivas. O obxectivo da materia é estudar e comprender a figura da empresa e do empresario e o seu papel no desenvolvemento económico (relación entre determinadas formas de empresa e a intensidade do crecemento económico). Estudar os cambios experimentados en tamaño e forma. Posibilitar a análise dos diferentes tipos de empresas incardinados nun contexto histórico. É dicir, a análise dos axentes e as organizacións empresariais en perspectiva histórico-económica ata o século XXI. E, así mesmo, establecer comparacións entre os distintos modelos empresariais ao longo do tempo e dos países. A materia contribúe a proporcionar unha formación que permite un coñecemento extenso e profundo da evolución da empresa moderna no longo prazo, o seu desenvolvemento e a súa situación actual, capacitando aos futuros graduados para responder de xeito crítico e responsable aos diferentes retos que se lle presenten, contribuíndo á potenciación e mellora da empresa. Permite examinar como se resolveron problemas similares aos que se enfrontan as empresas na actualidade e, xa que logo, é unha ferramenta útil para a toma de decisións. Móstrase que a realidade empresarial é plural, diversa e dinámica. Non pode ser aprehendida cunha teoría universal, nin existe unha única solución organizativa ou tecnolóxica que garanta a excelencia empresarial.
Plan de continxencia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías