Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2019/20
Subject (*) Social Issues, Youth Justice and Education Code 652439027
Study programme
Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optional 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web
General description Propoñémonos afondar sobre dous grandes mitos que persisten historicamente en relación ao binomio escolarización obrigatoria e delincuencia xuvenil. Por unha banda someteremos a análise á pretendida neutralidade e obxectividade da escolarización, e por outra, e intimamente ligada a esta, afondaremos en torno á relación de oposición entre a xurisdición de menores e a escolaridade obrigatoria, ao destacar o fracaso escolar como un dos factores máis característicos do perfil da delincuencia xuvenil. Lonxe de naturalizarmos a bondade social da escolaridade queremos averiguar en que medida ten parte de responsabilidade na construción da carreira delincuente, en tanto o sistema educativo non consegue conciliar a gran diversidade de intereses, de actitudes e de expectativas que entran na escola coa homoxeneidade que implica a selección do currículo común, pero tamén obrigatorio, para toda a infancia. Convertemos en problema a categoría “fracaso escolar”, e lonxe de identificalo coa non consecución dos obxectivos de etapa, ou o abandono antes de rematar o período de escolaridade obrigatoria, pretendemos ampliar o enfoque para captar outros significados referidos ao que aprenden estes menores en torno á súa valía, ás súas capacidades, aos seus esforzos, ás súas motivacións, para valorarmos así en que medida senten o éxito ou o fracaso escolar e os efectos que esta aprendizaxe ten sobre das súas identidades. Para finalizarmos esta chispa que se produce ao entrar en contacto o sistema educativo co xudicial e, tendo en conta que a media de idade dos rapaces se sitúa no límite da escolaridade obrigatoria, poñeremos en relación o aprendido na experiencia escolar coas expectativas laborais, pois as especiais dificultades na procura de emprego na actualidade fan que a educación, se ben non garante un traballo, si se converte no principal requisito na súa procura.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.