Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Organización e Autonomía dos Centros Escolares Código 652536001
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Espido Bello, Xosefa Eva
Correo electrónico
eva.espido.bello@udc.es
Profesorado
Espido Bello, Xosefa Eva
Correo electrónico
eva.espido.bello@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Organización e Autonomía dos Centros Escolares" impártese no 1º cuadrimestre. Esta materia busca desenvolver no alumnado capacidades de análise, avaliación, interpretación, actuación e reflexión sobre a organización e a autonomía dos centros escolares. Pártese de que os centros son institucións complexas, reguladas por normas comúns, pero tamén dotados de características singulares que requiren da elaboración, desenvolvemento e seguimento de proxectos educativos propios. Isto fai que sexan espazos privilexiados para o desenvolvemento profesional e institucional, a práctica da democracia e o compromiso constante coa mellora da educación e coa equidade. Con ela búscase comprender en que consiste a autonomía e que marxe de autonomía teñen en España e noutros países europeos os centros escolares. Así mesmo, preténdese reflexionar sobre o modelo de dirección máis axeitado para promovela, as súas implicacións para o funcionamento dos centros, a medida en que permite responder á diversidade do alumnado e favorecer o desenvolvemento profesional do profesorado e o compromiso co funcionamento democrático dos centros e coa equidade. O seu contido garda relación con boa parte das asignaturas do Mestrado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, coas adaptacións necesarias (mencionadas no apartado de atención personalizada), no caso de que se precise pasar á docencia non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: para consultas puntuais e para solicitar titorías virtuais. - Moodle: para informar de novas, facilitar materiais, entregar tarefas e realizar probas. - Teams: para as sesións maxistrais e debates, en grande grupo, e para as sesións de traballo, en pequenos grupos, nas franxas horarias asignadas á materia, co fin de promover a aprendizaxe colaborativa e o seguimento do traballo. Tamén se utilizará esta ferramenta para a realización das titorías individuais ou en pequeno grupo (previamente concertadas a través do correo electrónico). 4. Modificacións na avaliación As probas realizaranse a través de Moodle. Empregarase Teams como ferramenta de apoio ao exame. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. O alumnado deberá recoller en reprografía, ao comezo do cuadrimestre, o dosier de documentación elaborado para traballar a materia, adquirir os libros de lectura obrigatoria que se propoñan e descargar a lexislación que se indica no dosier e a bibliografía que se facilita a través de Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías