Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Proxectos de innovación e investigación educativa en educación física Código 652603E1I3
Titulación
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Carretero García, Miriam
Correo electrónico
miriam.carretero@udc.es
Profesorado
Carretero García, Miriam
Correo electrónico
miriam.carretero@udc.es
Web
Descrición xeral A proliferación de propostas de innovación educativa na área de Educación Física nos últimos anos non foi un proceso ordenado e sistemático, senón máis ben un conxunto de respostas heteroxéneas a problemas xurdidos na práctica docente. É necesario reflexionar sobre este proceso e desenvolver criterios para analizar e valorar ditas propostas. A relación entre investigación educativa e innovación docente non está a xerar os resultados esperados. Isto dificulta o desenvolvemento de prácticas fundamentadas en teorías científicas e tamén a valoración da efectividade das innovacións para solucionar os problemas da aula. É necesario desenvolver vías de comunicación entre a teoría e a práctica, achegando os roles de investigador e docente para aproveitar as sinerxias existentes. Nesta materia ofrécense referencias para analizar as experiencias de innovación e as investigacións educativas na área de Educación Física. Descríbense algúns proxectos que, polo seu valor ejemplificante poden ser cualificados como “boas prácticas” representativas de liñas de innovación desenvolvidas na área. Tamén se pretende que os alumnos poidan deseñar e xustificar as súas propias propostas de innovación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías