Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2020/21
Subject (*) Information and Communication Technologies in Education Code 652G01005
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First Basic training 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Hybrid
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Fernandez Prieto, Marta
E-mail
marta.prieto1@udc.es
Lecturers
Fernandez Prieto, Marta
E-mail
marta.prieto1@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
General description A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación forma parte do plan de estudios do grado en Educación Infantil, se cursa no primeiro curso e é unha materia de Formación básica de 6 créditos ECTS. Os estudios conducentes ao Grado en Educación Infantil teñen como principal fin dotar aos futuros mestres das competencias necesarias para desenvolver a actividade docente nos niveis educativos de 0 a 6 anos. Entre as funcións centrais na actividade docente está o deseño e desenvolvemento dun curriculum que permita o desenrolo integral dos nenos e nenas das etapas da Educación Infantil e que responda a unha serie de principios xerais relacionados cunha educación democrática, inclusiva e preocupada pola xustiza social. Como elementos clave do curriculum sobre o que o futuro mestre deberá tomar decisións están os medios e recursos didácticos que permitirán o traballo dos contidos do curriculum e contribuirán a consecución dos fins educativos buscados. A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación dotará os futuros mestres coas competencias necesarias para poder analizar, avaliar, seleccionar, utilizar e crear recursos baseados nas tecnoloxías da información e da comunicación. Na sociedade actual, definida como sociedade da información, a xeración, procesamento, manipulación e transmisión de información gracias as TIC son agora as actividades centrais e as principais fonte de productividade e poder. A escola debe responder aos avances tecnolóxicos tendo en conta que a mera introdución das novas tecnoloxías no curriculum non implica a mellora da calidade da educación, sendo posible seguir reproducindo formas tradicionais de ensinanza pero con novos medios. É por isto necesario unha reflexión previa sobre os fins buscados, os cales deberán encamiñarse a formar a futuros cidadáns con capacidade para analizar de forma crítica a información transmitida a través das TIC, con capacidade para crear información mediante as TIC, con capacidade para aprender a aprender e comprometidos coa defensa da xustiza social. Dende unha postura crítica ante as novas tecnoloxías o docente deberá, por unha banda, guiar o estudiante na súa construcción do coñecemento, contribuíndo a súa vez a que se converta en intérprete crítico dese coñecemento. Ademais o docente deberá ser consciente da non neutralidade da tecnoloxía e dos intereses que se atopan tras todo avance tecnolóxico, analizando, por exemplo, o papel das novas tecnoloxías no aumento ou diminución das desigualdades sociais. Por outra banda o docente deberá utilizar estes recursos tecnolóxicos para favorecer a investigación da súa propia práctica levando a cabo procesos de investigación-acción que favorezan a mellora da súa labor docente. A materia de Tecnoloxías da información e a comunicación en educación asignada a área de Didáctica e Organización escolar se relaciona con outras materias do primeiro curso do plan de estudios como poden ser Deseño, desenvolvemento e avalización do curriculum, Socioloxía da educación ou Valores e educación para a igualdade.
Contingency plan 1. Modifications to the contents 2. Methodologies *Teaching methodologies that are maintained *Teaching methodologies that are modified 3. Mechanisms for personalized attention to students 4. Modifications in the evaluation *Evaluation observations: 5. Modifications to the bibliography or webgraphy
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.