Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Valores e educación para a igualdade Código 652G01008
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cotelo Guerra, Dolores
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
Profesorado
Cotelo Guerra, Dolores
Correo electrónico
dolores.cotelo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende favorecer a reflexión, a formación e o compromiso cos valores, os dereitos humáns e da infancia. É moi necesario que desde idades temperás se eduque nuns valores básicos de convivencia que contribuian a fomentar o diálogo, o respeto, a empatía, etc., tanto nas aulas como na sociedade. A escola, ademáis de centrarse na adquisición dos coñecementos, debe interesarse pola formación de valores que posibiliten aos pequenos e pequenas o seu desenvolvemento como seres humáns e sexan quen de tomar as decisións axeitadas diante das distintas problemáticas que se lles presenten nun futuro. O mestres e mestras deben ser conscientes da súa responsabilidade no traballo diario cos valores así como da formación que a sociedade lle esixe de cara a promover unha cidadanía democrática, activa, respetuosa e responsable.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen A) Alumnado con adicación completa: -Sesión maxistral -Traballos tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación) -Atención personalizada -Presentacións orais (computa na avaliación) B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia e Alumnado de continuación de estudios: - Traballo tutelados (con atención personalizada) (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican Alumnado con adicación completa, Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, Alumnado de continuación de estudios: -Proba de ensaio (non se realizará xa que a avaliación destes coñecementos se incorpora a metodoloxía de Traballos tutelados e as presentacións orais) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Farase uso de titorías e comunicación virtual seguindo a normativa vixente a través de: -Correo electrónico: Para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas ou resolver cuestións puntuais que non se contemplan na Guía Docente. Tratarase de canalizar a resposta dos correos ás franxas de horario establecido, dedicado a atención de alumnado e titorías. -Moodle: Nas datas sinaladas de entrega de traballos para a avaliación. -Teams: 1 sesión semanal en gran grupo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. De 1 a 2 sesións semanais (en pequeno grupo de 6 persoas máximo) e segundo as necesidade do alumnado, en horario de titorías para o seguimento e apoio dos distintos traballos no desenvolvemento da materia. 4. Modificacións na avaliación A avaliación realizarase por medios telemáticos. -Traballos Tutelados (80%). Facilitaranse pautas que permitan a elaboración dos mesmos sobre distintos contidos e aspectos da materia. Valorarase: -Estructura: aspectos formaris, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical. -Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de fontes complementarias e actuais. -Exposicións orais (20%) de algúns dos traballos tutelados, no que se terá en conta: Orden na exposición; relevancia e organización dos contidos expostos; coordinación na exposición (que reflecta un traballo colaborativo no caso de ser grupal e, en todo caso, que non sexa unha suma de partes); nivel de comprensión dos contidos básicos; claridade expositiva e corrección lingüística; creatividade (presentacións suxestivas, motivadoras, boa posta en escea...); uso de diferentes recursos dixitais. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mismas figuras que na Guía Docente. Toda a información necesaria para o desenvolvemento da materia estará dispoñible no moodle dende o principio do cuadrimestre. A) Alumnado con adicación completa: - Asisitencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. - Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas) REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometidaaos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación. B) Alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a NORMA QUE REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/2012) e Alumnado de continuación de estudios: - Elaboración e presentación de traballos en pequeno grupo (5-6 persoas) ou individuais, segundo os casos. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación 2. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 3. A oportunidade de xullo estará sometidaaos mesmos criterios que a de xuño e so se repetirá aquela parte que non acade o 50% da puntuación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Dispoñen de enlaces e de materiais dixitalizados no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías