Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2022/23
Subject (*) Teaching Physical Expression Code 652G01020
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinador
Varela Garrote, Lara
E-mail
lara.varela@udc.es
Lecturers
Gonçalves López, María Paz
Varela Garrote, Lara
E-mail
paz.goncalves@udc.es
lara.varela@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/?pagina=table&id_titulacion=10&grupo=A
General description A materia “Didáctica da Expresión Corporal” forma parte dos estudos de Grao en Educación Infantil. Trátase dunha materia obrigatoria de 6 créditos, o que representa 150 horas de traballo do estudantado. A presenza da motricidade no currículo oficial entre os 0 a 6 anos é relevante. Pero o seu interese pódese comprobar mellor observando como a infancia emprega o corpo e se desenvolve a través do xogo e o movemento de forma espontánea para coñecer o mundo que lle rodea e adaptarse a el. O xogo e a motricidade van ser os principais canles a través dos cales a infancia en idade infantil pode adaptarse ao mundo que lle rodea. Con eles vai experimentar, coñecer e coñecerse, observar e observarse, aprender, entusiasmarse...autoeducarse. Por iso é polo que estes contidos -xogo e movemento-, van ser os eixos principais da materia e xunto coas rutinas de sono e alimentación o eixo da súa propia vida. Aínda que a infancia vai experimentar a motricidade de forma global, o estudiantado da materia analizará a través de diversas temáticas e tendo como referencia o currículo desta etapa, os compoñentes principais da motricidade nestas idades: as capacidades perceptivo-motoras, as habilidades motrices, as capacidades expresivas e o xogo como contido articulador de todos os demais. A parte de coñecer estos aspectos teóricos e o seu desenvolvemento, o alumnado vainos aplicar en propostas de carácter práctico. Outro aspecto de interese que se verá na materia é a importancia do asentamento de hábitos saudables nestas idades. Nos últimos tempos o índice de obesidade infantil viuse incrementado de forma considerable e faise necesaria unha formación de base para que nas Escolas Infantís se colabore para frear o seu acelerado crecemento. Os coñecementos achegados pola materia de Didáctica da Expresión Corporal pretenden estudar, explorar, descubrir e vivenciar todas aquelas manifestacións motrices dentro dunha formulación global, para dotar á futura Graduada ou Graduado en Educación Infantil non só de coñecementos e vivencias, senón tamén de estratexias e formas de ensinar teórico-prácticas.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.