Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Socioloxía da educación Código 652G02004
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
Correo electrónico
gabriel.vazquez@udc.es
Profesorado
Rodríguez Barcón, Alberto
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
Correo electrónico
alberto.barcon
gabriel.vazquez@udc.es
Web http://www.udc.gal
Descrición xeral Básicamente, trátase de concebir a educación como un sistema en sí mesmo, coas súas correspondentes partes, elementos, funcións, organización, institucionalización, etc.; e que a súa vez forma parte do sistema social en xeral. Con esta materia o que se pretende é que o alumnado acade un grao de coñecemento e tamén concienciación e interiorización do proceso conformador da educación como fenómeno sociolóxico, co seu correspondente espazo, papel e funcións nas nosas sociedades. Tamén se trata dunha formación que persegue dotar de habilidades teórico prácticas ao seu alumnado sobre un ámbito tan importante como a educación, para que a integren tanto a nivel persoal como profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: – Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías: – Non se realizarán cambios *Metodoloxías docentes que se modifican – Ningunha 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Segundo as necesidades do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: Sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequenos grupos (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación: Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: – A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. - A profundidade do contido. - O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. - O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. - A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. - A presentación e a claridade da exposición. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, engadindo que: - O cómputo da asistencia se realizará respecto das sesións conectadas en Teams e, se é o caso, as que houbera de modo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 60%: a) Elaboración e presentación dos traballos (100%). 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados). 3. Entregar os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida a unha proba oral sobre os contidos da materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: - Non se realizarán cambios. Xa se priorizan na Guía os materiais de traballo da maneira dixitalizada, formato ebook da Biblioteca. Tamén se reforzará os contidos con material en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías