Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Organización e avaliación de institucións educativas Código 652G02011
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Espido Bello, Xosefa Eva
Correo electrónico
eva.espido.bello@udc.es
Profesorado
Espido Bello, Xosefa Eva
Correo electrónico
eva.espido.bello@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Organización e Avaliación de Institucións Educativas" ten carácter de formación básica e impártese no 1º cuadrimestre do segundo curso do Grao en Educación Primaria. Esta materia busca desenvolver no estudantado capacidades de descrición, análise, interpretación e valoración do funcionamento dos centros escolares. Pártese de que os centros son institucións complexas, reguladas por normas comúns, pero tamén dotados de características singulares que fan que se constitúan en espazos privilexiados para o desenvolvemento profesional, a práctica da democracia e o cambio educativo. Para iso é necesario deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de centro acordes con esa singularidade que contribúan á progresiva autonomía institucional. Esta materia garda relación con "Teoría da Educación", "Socioloxía da Educación", "Historia da Educación", Atención á Diversidade: Aspectos Didácticos e Organizativos", "Educación Inclusiva e Multicultural" e, especialmente, coa materia de "Deseño, Desenvolvemento e Avaliación do Curriculum" de 1º curso, dado que as dimensións pedagóxica e organizativa non poden entenderse de forma independente a unha da outra.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, coas adaptacións necesarias (mencionadas no apartado de atención personalizada), no caso de que se precise pasar á docencia non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: para consultas puntuais e para solicitar titorías virtuais. - Moodle: para informar de novas, facilitar materiais e realizar probas. - Teams: para as sesións maxistrais, en grande grupo, e para as sesións en pequenos grupos, nas franxas horarias asignadas á materia, para o seguimento do traballo. Tamén se utilizará esta ferramenta para a realización das titorías individuais (previamente concertadas a través do correo electrónico). 4. Modificacións na avaliación As probas realizaranse a través de Moodle. Empregarase Teams como ferramenta de apoio ao exame. *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. O alumnado deberá recoller en reprografía, ao comezo do cuadrimestre, un dosier de documentación elaborado para traballar a materia, adquirir o libro de lectura obrigatoria que se traballará ao longo do cuadrimestre e descargar a lexislación que se indica no dosier.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías