Descrición xeral |
Esta materia supón a introdución da Educación Física (EF) no grao de Educación Primaria. Por este motivo comezamos cunha contextualización da EF na Etapa Primaria. En segundo lugar, analízase o currículo da materia, relacionándoo cos dominios de acción motriz, xa que estas dúas referencias serán a base do proceso de programación durante o curso. En terceiro lugar afróntase o proceso de programación a través da concreción o currículo (competencias, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe, metodoloxía, avaliación, etc.) e tamén a posta en práctica da mesma a través das sesións de actividade física. Por último, faise unha aproximación aos plans de centro que fomentan estilos de vida activos e saudables, como os "proxectos de centros activos" ou, na nosa comunidade autónoma, os "proxectos deportivos de centro". |