Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II Código 652G02021
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Profesorado
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Fuentes Silveira, María Jesús
Paz Villasenín, Carlos Isolino de
Vázquez Ben, Lucía
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
m.j.fuentes@udc.es
c.de.paz@udc.es
lucia.vben@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia inclúese o estudo sobre o estado actual do ensino científico na Educación Primaria, sobre a problemática da aprendizaxe das Ciencias nesa etapa, así como recomendacións metodolóxicas para a acción docente. Ademais desenvólvese unha análise científico-didáctica de tres bloques temáticos concretos, tratados dende a perspectiva sistémica: a) o medio físico; b) o modelo de ser vivo e de ecosistema e c) o ser humano.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se modifican. 2. Metodoloxías 2.1Metodoloxías docentes que se manteñen • Proba mixta 2.2. Metodoloxías docentes que se modifican • Traballos tutelados Elaboración de traballos, relativos á problemática do ensino e aprendizaxe de contidos concretos. Comprenden: a) Lecturas e análise individual sobre a temática proposta; b) Desenvolvemento do traballo e ; c) Seguimento do traballo en fase de realización. O seguimento do traballo farase a través de: - Titorías individuais a través de TEAMS ou de correo electrónico. - Titorías grupais a través de TEAMS. • Sesión Maxistral Exposición oral a través de presentacións asíncronas videogravadas (power point con narración, gravacións con TEAMS, etc.) sobre os aspectos teóricos que debe coñecer un mestre en relación ao ensino e aprendizaxe das Ciencias da Natureza. Estas gravacións serán subidas a Moodle, co apoio de material audiovisual. • Actividades de laboratorio Realización individual de actividades prácticas seguindo as instruccións gravadas/escritas polo docente, arredor da planificación/realización de experiencias sobre obxectos e fenómenos, relativos a contidos científicos relevantes en educación primaria. Os resultados do desenvolvemento desas actividades prácticas serán entregados a través da correspondente tarefa en Moodle. • Aprendizaxe colaborativa Estudo de supostos prácticos ou situacións diversas e de diferentes materiais escritos, en pequeno grupo, seguindo as instruccións gravadas/escritas polo docente. Os resultados do desenvolvemento desas actividades prácticas serán entregados a través da correspondente tarefa en Moodle. 2.3. Metodoloxías docentes que se eliminan o Presentación oral o Saídas ao campo 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización TEAMS, MOODLE, EMAIL , QUICKMAIL Calquera destas ferramentas adaptándoas ás necesidades de orientación do alumnado. Os días correspondentes a aulas e titorías desta materia realízanse reunións de seguimento e oriéntanse os traballos tutelados, as actividades de aprendizaxe colaborativa, as actividades prácticas e calquera outra cuestión relativa á materia. 4. Modificacións na avaliación Proba mixta 40% Proba escrita individual realizada de forma virtual a través de Moodle e/ou outros medios telemáticos. Valorarase a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos ao longo do curso. Prácticas de laboratorio/Interactivas 30% Valorarase a implicación no desenvolvemento da tarefa e a presentación de resultados, tanto en actividades prácticas como en sesións interactivas. Traballos tutelados 30% Valorarase a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacións obxecto de estudo, así como a súa competencia para deseñar materiais didácticos. Observacións de avaliación: Rexerán as Normas Xerais de Avaliación da Guía Docente da materia. Rexerán as Normas Específicas de Avaliación da Guía Docente da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías