Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2020/21
Subject (*) Practicum I Code 652G02033
Study programme
Grao en Educación Primaria
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatory 9
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinador
Gómez Sánchez, Tania Fátima
E-mail
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Lecturers
Gabriel Fernandez, Narciso de
Galán Rodríguez, Noelia María
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Torres Santomé, Jurjo
Valle Arias, Antonio
E-mail
narciso.de.gabriel@udc.es
noelia.galan@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
j.lorenzo.castineiras@udc.es
m.rodicio@udc.es
jurjo.torres@udc.es
antonio.valle@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
General description CORREO-E: practicum.educacion@udc.es CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE Dos 9 créditos da materia (225 horas), o 55% son de carácter presencial (135 horas) e o 45% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (90 horas). Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (30 horas semanais), e as 10 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade. Durante o desenvolvemento do Prácticum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da titulación. CONTEXTUALIZACIÓN No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia denominada Prácticum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
Contingency plan 1. Modifications to the contents 2. Methodologies *Teaching methodologies that are maintained *Teaching methodologies that are modified 3. Mechanisms for personalized attention to students 4. Modifications in the evaluation *Evaluation observations: 5. Modifications to the bibliography or webgraphy
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.