Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Practicum II Código 652G02034
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 36
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos Para matricularse no Practicum II é necesario ter superados 120 créditos e mais o Practicum I
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Coordinación
Duran Bouza, Montserrat
Correo electrónico
montserrat.duran.bouza@udc.es
Profesorado
Arufe Giraldez, Victor
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Carballal Miñan, Patricia
Carretero García, Miriam
Chao Fernández, Aurelio
Duran Bouza, Montserrat
Gabriel Fernandez, Narciso de
Garcia Barros, Susana
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
Losada Puente, Luisa
Magdalena Vidal, Maria Victoria
Naya Riveiro, Maria Cristina
Pardo de Neyra Fernández-Couso, Xulio
Rivadulla López, Juan Carlos
Rodicio Garcia, Maria Luisa
Rodríguez Llorente, Carolina
Rosa Napal, Francisco César
Santamaría Recio, María Celina
Suarez Brandariz, Roberto
Torre Fernandez, Enrique de la
Vieites Lestón, Tania
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
anxela.bugallo@udc.es
patricia.carballal@udc.es
miriam.carretero@udc.es
aurelio.chao@udc.es
montserrat.duran.bouza@udc.es
narciso.de.gabriel@udc.es
susana.gbarros@udc.es
j.lorenzo.castineiras@udc.es
luisa.losada@udc.es
victoria.magdalena@udc.es
cristina.naya@udc.es
xulio.pardodeneyra@udc.es
juan.rivadulla@udc.es
m.rodicio@udc.es
carolina.rodriguez.llorente@udc.es
francisco.rnapal@udc.es
celina.santamaria@udc.es
r.sbrandariz@udc.es
enrique.torref@udc.es
t.vieites@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
Descrición xeral CORREO-E: practicum.educacion@udc.es CRÉDITOS E PRESENCIALIDADE Dos 36 créditos da materia (900 horas), o 48,8% son de carácter presencial (440 horas) e o 51,2% de carácter non-presencial ou de traballo autónomo (460 horas). Das 440 horas de carácter presencial, 420 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (30 horas semanais), e as 20 horas restantes dedicaranse a sesións informativas e formativas, así coma a titorías na Facultade. O Practicum II constitúe a única materia a cursar no primeiro cuadrimestre do cuarto curso. CONTEXTUALIZACIÓN No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación duns novos plans de estudo acordes cos requirimentos do Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no ano 1999 coa Declaración de Bolonia. Esta declaración salientaba a importancia de reforzar o trinomio investigación-innovación-educación, para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art. 9.1), de tal maneira que considera a posibilidade de establecer prácticas externas que virían “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecer a formación… [e] proporcionar un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (preámbulo do RD 1393/2007, de 29 de outubro, de ordenación das ensinanzas universitarias oficiais). O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro da formación e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Sin modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sin modificacións Se non se puideran completar as horas de estadía no centro, estudarase a situación e seguiranse as indicacións que aparecen no punto terceiro proposto na RESOLUCIÓN REITORAL DO 23 DE MARZO DE 2020 MEDIANTE A QUE SE ADAPTA O PROCEDEMENTO ESTABLECIDO PARA AS PRÁCTICAS CURRICULARES E EXTRACURRICULARES DO ALUMNADO DO CURSO ACADÉMICO 2019/2020 DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, ÁS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PREVISTAS PARA ACOMODAR AS ACTIVIDADES ACADÉMICAS Á SUSPENSIÓN TEMPORAL DA ACTIVIDADE DOCENTE PRESENCIAL, así como as RECOMENDACIÓNS DA CONFERENCIA DE DECANOS/AS DE EDUCACIÓN RESPECTO AS PRÁCTICAS EXTERNAS DO ALUMNADO. A proposta de alternativas farase desde o Vicedecanato de Practicum, contando co acordo do profesorado titor de centro e da facultade así como do alumnado. A proposta presentarase fronte á Comisión de Título para o visto e prace da mesma. *Metodoloxías docentes que se modifican Sin modificacións 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Farase a través do correo electrónico, Moodle e Teams 4. Modificacións na avaliación Sin modificacións *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sin modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías