Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2019/20
Subject (*) Education for Peace, Conflict Resolution and Citizenship Code 652G03038
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Optional 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Teasley Severino, Cathryn
E-mail
cathryn.teasley1@udc.es
Lecturers
Teasley Severino, Cathryn
E-mail
cathryn.teasley1@udc.es
Web http://http://www.udc.es/dep/pdce/Cata/
General description O desenvolvemento das sociedades do mundo e da convivencia humana a través do tempo, ata o actual período histórico de modernidade tardía, serve de telón de fondo para situar a Educación para a Paz, a resolución de conflitos, e a condición cidadá no seu xusto marco de aproximación conceptual e de elaboración práctica e activa: un marco amplo, complexo e dinámico que transcende non só a cultura escolar e as distintas institucións educativas en xeral, senón tamén outros ámbitos formais e non-formais de acción e produción socio-cultural, como son a educación en familia, a cultura popular da comunidade local, os medios de comunicación de masas, e as diversas institucións do Estado. Este grande marco sitúase, a súa quenda, dentro dun contexto aínda máis amplo de política internacional e transnacional que se move ao ritmo dun sistema económico cada vez máis globalizado: o capitalismo neoliberal. Así mesmo, todo este panorama humano existe nun mundo con recursos naturais finitos. Neste escenario mundial tan interdependente e complexo, entón, a conflitividade xurde desde os desequilibrios de poder entre colectivos con intereses diverxentes. Mais non son os conflitos, per se, o que ameaza o benestar, pois os conflitos son un aspecto natural das relacións humanas. A violencia e o dano xurden das formas en que ditos conflitos son abordados. Se son intervenidos de xeito pacífico poden incluso resultar creativos e produtivos á hora de procurar unha harmonía cosmopolita entre persoas e colectivos multiculturais, movementos migratorios, loitas polos dereitos humanos, e vivenzas desde a diversidade de crenzas relixiosas, identidades de xénero, falas e prácticas étnicas deste mundo. Educar para a paz neste marco "glocal" de convivencia require, máis ben, dun labor relacional e transversal que emerxe e participa de múltiples ámbitos sociais solapados, e que pode e debe aspirar a incidir neles. Require, polo tanto, dunha orientación sobre as relacións humanas que sexa tanto interpersoal como intergrupal e colectivo-global. Por extensión, a súa pedagoxía abranga, por unha banda, contidos e temas curriculares reveladores, con connotacións éticas, afectivas e/ou controvertidas, e por outra banda, procesos organizativos e didácticos colaborativos, colectivizantes e transformadores, que establezan pontes entre a necesaria reflexión teórica e a imprescindíbel posta en práctica. Nesta materia abordaremos o significado destas cuestións para pór en marcha unha pedagoxía da paz realizada tanto desde a institución educativa como desde outros ámbitos de animación sociocultural, pero que se proxecte máis alá dos mesmos.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.