Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estancias Prácticas IV Código 653G01304
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rosende Celeiro, Iván de
Correo electrónico
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
Profesorado
Cabarcos Dopico, Vicente
Cortés Cabeza, Inés
Fernández Barreiro, Jorge Juan
Hervás Del Valle, María Carmen
Nieto Riveiro, Laura
Romeu Cés, Tania
Rosende Celeiro, Iván de
Ruiz Virumbrales, Jorge
Correo electrónico
v.cabarcosd@udc.es
ines.cortes@udc.es
j.fbarreiro@udc.es
carmen.hervas@udc.es
laura.nieto@udc.es
tania.romeu.ces@udc.es
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
jorge.ruiz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende, mediante prácticas diarias dirixidas, desenvolver habilidades que permitan ao alumnado comprender e aplicar as destrezas e coñecementos vinculados coa práctica clínica e/ou comunitaria da terapia ocupacional no eido das persoas adultas con discapacidade de carácter físico, neurolóxico ou sensorial. Descritor: Estadías prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional, traballando axeitadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e competencias propias desta profesión en distintos entornos, centros, hospitais, institucións e grupos sociais e poboacións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación nos contidos da materia. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: Estudo de casos. *Metodoloxías docentes que se modifican: Ante un escenario de non presencialidade, que non permita que o alumnado poida cursar, como mínimo, o 50% das horas de Prácticas clínicas: - Suprimiríanse as metodoloxías Actividades iniciais, Portafolios do alumnado, Prácticas clínicas, e Recensión bibliográfica. - Introduciríanse as metodoloxías Sesión maxistral (por Teams) e Proba mixta. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: diariamente. Empregarase esta vía para ofrecer atención individualizada ao alumnado da materia, resolver posibles dúbidas ou consultas, programar titorías virtuais ou realizar o seguimento dos traballos solicitados. - Moodle: diariamente. Cada semana, comunicarase a través do Foro de novas información actualizada sobre a materia, e poñerase a disposición do alumnado documentación e materiais relativos aos contidos e temáticas centrais da materia. Ademais, diariamente atenderanse as dúbidas ou consultas que faga chegar o alumnado a través dos foros ou da opción de mensaxe privada desta plataforma. - Teams: semanalmente. Levaranse a cabo entre 1 e 2 sesións semanais en vivo con todo o alumnado matriculado, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. Ademais, segundo as necesidades de cada estudante, tamén se utilizará este mecanismo para realizar titorías virtuais individualizadas ou en grupo reducido, previa solicitude do alumnado interesado, ou a petición do profesorado se o estima preciso, co fin de ofrecer seguimento e orientación no desenvolvemento dos traballos da materia. Estas titorías virtuais tamén se levarían a cabo na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade (de luns a venres, pola mañá), aínda que se poderían programar noutra franxa horaria se fose preciso, segundo as necesidades específicas de cada estudante. 4. Modificacións na avaliación: - Estudo de casos: 90%. Valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. - Proba mixta: 10%. Valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), as destrezas e coñecementos adquiridos, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, e a argumentación ofrecida nas súas intervencións. *Observacións de avaliación: Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas e entregar todos os traballos solicitados. Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas as dúas metodoloxías mencionadas neste apartado, alcanzando como mínimo o 50% da cualificación correspondente a cada metodoloxía. No caso de non acadar a cualificación mínima requirida nalgunha destas dúas metodoloxías, a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa. No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios de avaliación aplicados no primeiro cuadrimestre. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. O alumnado da materia terá á súa disposición en Moodle toda a documentación e materiais bibliográficos ou audiovisuais necesarios para o desenvolvemento dos traballos solicitados e a preparación da proba mixta. Así, facilitarase documentación elaborada polo propio equipo docente da materia, así como fontes bibliográficas e materiais adicionais cos que o estudantado poida completar os seus coñecementos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías