Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Enfermaría materno-infantil Código 750G01018
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rodeño Abelleira, Angeles
Correo electrónico
angeles.rodeno@udc.es
Profesorado
Piñón Díaz, María Josefa
Rodeño Abelleira, Angeles
Correo electrónico
maria.j.pinon.diaz@udc.es
angeles.rodeno@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle
Descrición xeral A través do proceso de aprendizaxe, reflexión e interiorización desenvolvido ao longo da materia, o alumno e a alumna adquirirán os coñecementos, actitudes e habilidades necesarios para: - Participar na atención da comunidade, tendo en conta a realidade da muller e da poboación infantil e adolescente nela. - Comprender o proceso saúde–enfermidade da muller e do neno e a nena desde o seu nacemento ata a adolescencia, así como os condicionantes físicos, psíquicos, antropolóxicos e da contorna sociofamiliar que o potencian ou dificultan. - Identificar as necesidades de saúde propias da muller, especialmente durante a súa etapa reprodutiva e durante o seu proceso de maternidade. - Prestar coidados de enfermería á muller, que contemplen desde a promoción, o mantemento, a recuperación e a rehabilitación da saúde ligada ao sexo, á reprodución humana, e ao coidado de forma integral da nai. - Analizar críticamente os recursos e dispositivos sociosanitarios que prestan atención á muller. - Realizar as accións encamiñadas á vixilancia e seguimento do neno e a nena sans, así como a detección precoz dos nenos e as nenas de alto risco. - Identificar as necesidades de saúde do neno e nena san ou enfermo, desde o nacemento á adolescencia nos diferentes contextos en que se atopa (familia, comunidade, medio hospitalario) - Valorar e detectar os problemas relacionados coas necesidades básicas alteradas do neno ou nena e do adolescente ou da adolescente. - Establecer unha correcta comunicación co neno, nena, a familia e a equipa de saúde.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías