Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Enfermaría Comunitaria II Código 750G01019
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Couselo Fernández, Ignacio
Correo electrónico
i.couselof@udc.es
Profesorado
Couselo Fernández, Ignacio
Correo electrónico
i.couselof@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Asignatura dirixida a dar continuidade ao aprendido na materia Enfermaría comunitaria I, levándoa a un nivel maior de profundidade e especialización. Nesta materia desenvolverase a estructura do sistema sanitario no que acontece o traballo dos enfermeiros comunitarios, e abordaranse os principais e máis actuais retos da saúde pública e a atención primaria en pos de unha atención comunitaria baseada no empoderamento persoal e comunitario onde sexan os propios cidadáns os que lideren o futuro dos coidados que queren recibir no ámbito da comunidade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizará ningunha modificación 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican Realizarase de maneira virtual a totalidade dos seminarios e probas 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC a canle principal de comunicación. 4. Modificacións na avaliación Ningunha *Observacións de avaliación: A realización das probas será mediante o uso das ferramentas informáticas institucionais 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías