Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estancias Clinicas I Código 750G01025
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Rodriguez Maseda, Emma
Correo electrónico
emma.rodriguez.maseda@udc.es
Profesorado
Castro Pastor, Avelino
Fernández Basanta, Sara
Freijomil Vázquez, Carla
Gago García, Esther
Pérez Castro, Teresa Rosalía
Piñón Díaz, María Josefa
Rodriguez Maseda, Emma
Correo electrónico
avelino.castro.pastor@udc.es
sara.fbasanta@udc.es
carla.freijomil@udc.es
e.gago@udc.es
t.perez@udc.es
maria.j.pinon.diaz@udc.es
emma.rodriguez.maseda@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Realización de técnicas e procedementos de enfermaría en entornos de simulación; comunicación efectiva coas persoas atendidas; realización dos cuidados de enfermaría, mediante simulacións, baseados nos principios dunha práctica reflexiva; identificación dos sistemas de rexistros e comunicación da unidade asistencial.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se fará ningunha modificación. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas. *Metodoloxías docentes que se modifican: As metodoloxías docentes desta materia conducen a un resultado de "saber facer" polo que non é posible a substitución por outras metodoloxías. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Para a comunicación e seguimento do alumnado utilizaranse as ferramentas informáticas institucionais: - Moodle: Plataforma fundamental para a comunicación co alumnado e para a entrega dos traballos colaborativos. - Teams: Plataforma de uso para as titorías e as exposicións de traballos tutelados. 4. Modificacións na avaliación: Non hai cambios nas porcentaxes da metodoloxía de avaliación. Os estudantes que teñan realizadas o 100% das horas de simulación poderán ser avaliados según os criterios establecidos na presente guía. Os estudantes que non acaden o 75% das horas de simulación terán que reanudar seu aprendizaxe presencial en canto as condicións o permitan ata acadar o mínimo do 75 % das horas. A proba teórica será previa a proba práctica. Consistirá nun exame tipo test con 4 opcións de resposta por pregunta. Cada pregunta terá unha única resposta correcta. Responder incorrectamente a unha pregunta non suporá penalización. A proba teórica realizarase a través da plataforma Moodle. A proba práctica levarase a cabo vía Teams da seguinte maneira: o exame durará un máximo de 20 minutos y consistirá na visualización dun vídeo dalgunha das técnicas impartidas ao longo da docencia presencial. O estudante poderá ver o vídeo dúas veces, a segunda vez terá que comentar a técnica e detectar os erros que se realicen durante a mesma. O profesorado poderá realizar as preguntas que considere oportunas. Para superar a materia é necesario ter un mínimo de 5 puntos sumando a nota da proba teórico, da proba práctica e do traballo tutelado. Na segunda oportunidade o estudante deberá repetir a avaliación teórico-práctica (o alumnado que teña aprobada a parte teórica, manterá a nota desa parte) e manterá a nota do traballo tutelado. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non existen modificacións na bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías