Vista para imprimir Exportar a pdf
Identifying Data 2019/20
Subject (*) Practicum 1 Code 750G02033
Study programme
Grao en Podoloxía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatory 12
Language
Spanish
Galician
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Ciencias da Saúde
Coordinador
Alonso Tajes, Francisco
E-mail
francisco.alonso.tajes@udc.es
Lecturers
E-mail
Web http://moodle.udc.es
General description O Prácticum consiste en prácticas clínicas que se desenvolverán principalmente na Clínica Universitaria de Podoloxía da Universidade da Coruña co fin de desenvolver as competencias que permitan ao alumnado incorporar á súa formación as competencias fundamentais e os valores profesionais para o exercicio da profesión podolóxica. Estas prácticas clínicas inclúen a participación do alumnado no proceso de atención podolóxica integral con pacientes reais, sempre baixo a supervisión dun profesional que guiará ao alumnado no proceso da aprendizaxe clínica. Tamén se desenvolverán outras actividades en forma de seminario ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica como o estudo e discusión de casos clínicos, interpretación de probas complementarias ou realización de informes. Para cursar as materias do Prácticum os alumnos/as deben de obter previamente 90 créditos da primeira metade do plan de estudos, de entre os cales deben de obter obrigatoriamente os correspondentes ás materias de: Podoloxía Xeral, Biomecánica do membro inferior, Ortopodoloxía 1 e Ortopodoloxía 2, Quiropodoloxía 1 e Quiropodoloxía 2. Os contidos que se desenvolverán no Prácticum I son: Método clínico en podoloxía. Historia clínica podológica: rexistro da información obtida. Técnicas de exploración física. Actividades radiolóxicas propias da podoloxía. Probas complementarias e a racionalización do seu uso. Diagnóstico e prognóstico. Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. Protocolos: execución e avaliación. Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos. Elaboración e interpretación de informes clínicos. Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes. Calidade asistencial na práctica da podoloxía. Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.