Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade de utilizar técnicas e instrumentos habituais na investigación biolóxica celular e molecular: que sexan capaces de manexar as técnicas e protocolos así como comprender as potenciais das mesmas, os seus usos e aplicacións |
A2 |
Capacidade de traballar de xeito seguro nos laboratorios coñecendo os manuais de operacións e as accións ante incidentes de risco |
A5 |
Capacidade de comprender o papel dos microorganismos como axentes patóxenos e como ferramentas biotecnolóxica |
B1 |
Capacidade de análise e síntese de problemas biolóxicos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética |
B2 |
Capacidade de toma de decisións para a resolución de problemas: que sexan capaces de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na formulación de problemas biolóxicos e a busca de solucións |
B3 |
Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas |
B4 |
Capacidade de organización e planificación do traballo: que sexan capaces de xestionar a utilización do tempo así como os recursos dispoñibles e organizar o traballo no laboratorio |
B5 |
Correcta comunicación oral e escrita sobre temas científicos na lingua nativa e polo menos noutra lingua de difusión Internacional a través da lectura de artigos científicos e exposición de traballos |
B7 |
Capacidade de progreso persoal: aprender de forma autónoma, adaptarse a novas situacións, desenvolvendo calidades como creatividade, capacidade de liderado, motivación pola excelencia e a calidade |
B8 |
Capacidade de razoamento crítico e compromiso ético coa sociedade: sensibilidade fronte aos problemas bioéticos e aos relacionados coa conservación de recursos naturais |
B9 |
Capacidade de preparación, exposición e defensa dun traballo |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Entender o comportamento cooperativo microbiano e as interaccións dos microorganismos con outros seres vivos a nivel molecular
|
AI5
|
BI5 BI7 BI8
|
CM6 CM7 CM8
|
Manexar as técnicas e comprender as bases moleculares da loita contra das infeccións e os seus mecanismos de resistencia
|
AI1 AI2 AI5
|
BI1
|
CM4 CM7 CM8
|
Aplicar os coñecementos moleculares adquiridos na comprensión e resolución de problemas
|
|
BI1 BI2 BI3 BI4 BI7 BI8 BI9
|
CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Comportamento cooperativo microbiano |
-Bases moleculares da cooperación
-Implicacións prácticas |
Interaccións microbianas |
-Interaccións positivas e negativas
-Bases moleculares das interaccións con outros organismos microbianos, vexetais ou animais |
Aplicacións biotecnolóxicas |
-Aplicacións prácticas da interacción molecular entre microorganismos |
Mecanismos de resistencia a axentes antimicrobianos |
-Enzimas degradadoras de axentes antimicrobianos
-Bombas de expulsión
-Modificación de dianas
-Regulación de porinas |
Estudio práctico de diferentes aspectos involucrados na resistencia a axentes antimicrobianos |
-PCR de xenes implicados
-Clonación de xenes
-Expresión de proteínas
-Elaboración de mutantes "knock-out"
-Estudos da regulación dos mecanismos de resistencia mediante análisis de ARN |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba de resposta breve |
B1 B2 B5 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A5 C4 C5 C8 |
8 |
16 |
24 |
Prácticas de laboratorio |
A2 B4 C6 C7 |
24 |
12 |
36 |
Seminario |
A1 B3 B7 B8 B9 C3 |
2 |
10 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba de resposta breve |
Proba escrita coa que se poñerá en valor ao grao de coñecemento e comprensión acadados polo alumno. |
Sesión maxistral |
Exposición polo profesorado das bases teóricas da materia |
Prácticas de laboratorio |
Estudio práctico no laboratorio de investigación de diferentes aspectos relacionados coa resistencia a axentes antimicrobianos realizado por os alumnos |
Seminario |
Traballo en grupo no que se discutirán algúns aspectos relacionados coa materia, elaborando unhas conclusións finais |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
|
Descrición |
Durante o desenvolvemento da materia atenderase ás necesidades e consultas do alumno relacionadas coa materia, proporcionándolle a orientación e o apoio que sexa necesario, tanto de forma presencial ou non presencial (fundamentalmente a través do correo electrónico).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A2 B4 C6 C7 |
Evaluación continua das prácticas |
25 |
Seminario |
A1 B3 B7 B8 B9 C3 |
Participación activa nos seminarios programados |
5 |
Proba de resposta breve |
B1 B2 B5 |
Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos durante a materia, tanto nos seus aspectos teóricos como prácticos. |
70 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Gerischer (Ed) (2008). Acinetobacter Molecular Biology. Caister Academic Press
Madigan, Martinko, Dunlap & Clark (2009). Brock. Biología de los microorganismos. 12ª edición. Madrid. Pearson Educación, S.A.
Lederberg & Schaeter (Eds) (2009). Encyclopedia of Microbiology. 3rd edition. Academic Press |
|
Bibliografía complementaria
|
Otero, Muñoz, Bernárdez & Fábregas (2005). "Quorum sensing": El lenguaje de las bacterias. Zaragoza. Acribia
Maragakis & Perl (2008). Acinetobacter baumannii: epidemiology, antimicrobial resistance, and treatment options. Clin Infect Dis 46(8): 1254-63
Vila, Martí & Sánchez-Céspedes (2007). Porins, efflux pumps and multidrug resistance in Acinetobacter baumannii. J Antimicrob Chemother 59(6): 1210-5
Gootz (2010). The global problem of antibiotic resistance. Crit Rev Inmunol 30(1): 79-93
Pachón & Vila (2009). Treatment of multiresistant Acinetobacter baumannii infections. Curr Opin Invest Drugs 10(2): 150-6 |
Se señalan aquí varias revisiones directamente relacionadas con el contenido de la asignatura. Además, durante el desarrollo de la asignatura se proporcionará al alumno otra bibliografía, dependiendo de los seminarios programados y de cualquier novedad que surgiese. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Regulación da expresión xénica/610441006 | Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-patóxeno/610441018 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Técnicas Celulares/610441001 | Técnicas Moleculares/610441002 | Bioloxía Celular Avanzada/610441003 | Señalización Celular/610441004 | Mecanismos de xeración da variación xenética/610441005 | Regulación da expresión xénica/610441006 |
|
Observacións |
De todas as materias que se recomenda ter cursado previamente, todas elas obrigatorias do máster, considéranse fundamentais as materias técnicas. |
|