Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular , Celular e Xenética
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Bioloxía Celular e Molecular
Coordinación
Becerra Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.becerra@udc.es
Profesorado
Becerra Fernandez, Manuel
Vila Taboada, Marta
Correo electrónico
manuel.becerra@udc.es
marta.vila.taboada@udc.es
Web
Descrición xeral
Denomínase xenómica ao estudo integral do funcionamento, evolución e orixe dos xenomas. A xenómica utiliza coñemenetos derivados de distintas disciplinas como xenética, bioloxía molecular, bioquímica, informática, estatística, matemáticas e física.
A diferenza da xenética clásica que a partires dun fenotipo (xeralmente mutante) procura o xene ou xenes responsables dese fenotipo, a xenómica ten como obxectivo predicir a función dos xenes a partir da súa secuencia ou das súas interaccións con outros xenes.
As denominadas "ciencias ómicas" están na vangarda da ciencia, feito debido ás posibilidades abertas polas novas tecnoloxías de secuenciación masiva, aos avances en bioinformática e aos algoritmos cada vez máis sofisticados para análise de xenomas completos.
Competencias do título
Código
Competencias / Resultados do título
A1
Capacidade de utilizar técnicas e instrumentos habituais na investigación biolóxica celular e molecular: que sexan capaces de manexar as técnicas e protocolos así como comprender as potenciais das mesmas, os seus usos e aplicacións
A3
Capacidade de utilizar ferramentas Bioinformáticas a nivel de usuario
A11
Capacidade de comprender a estrutura, función e evolución dos xenomas e aplicar as ferramentas necesarias para o seu estudio
B1
Capacidade de análise e síntese de problemas biolóxicos en relación coa Bioloxía Molecular, Celular e Xenética
B2
Capacidade de toma de decisións para a resolución de problemas: que sexan capaces de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na formulación de problemas biolóxicos e a busca de solucións
B3
Capacidade de xestión da información: reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre cuestións científicas e biotecnolóxicas
B5
Correcta comunicación oral e escrita sobre temas científicos na lingua nativa e polo menos noutra lingua de difusión Internacional a través da lectura de artigos científicos e exposición de traballos
B9
Capacidade de preparación, exposición e defensa dun traballo
C3
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe
Competencias / Resultados do título
Utilizar ferramentas moleculares para o coñecemento do xenoma de diversos organismos
AI1
BI1 BI5
Comprender o estado actual do coñecemento no eido da xenómica estrutural, funcional e evolutiva
AI1
BI1 BI5 BI9
CM8
Comprender os mecanismos de evolución dos xenomas e das ferramentas moleculares e bioinformáticas para o seu estudo
AI1 AI3 AI11
BI1 BI2 BI9
Deseñar, interpretar e analizar experimentos e datos de microarrays de ADN
AI3
BI1 BI2 BI3
CM3
Contidos
Temas
Subtemas
Xenómica estrutural
Cartografiado, secuenciación, anotación e bases de datos
O proxecto xenoma humano
Next Generation Sequencing (NGS)
Xenómica comparada
Mecanismos de evolución xenómica
Xenomas de procariotas
Metaxenómica
Xenomas de eucariotas
Taxonomía
Paleoxenómica
Medicina
Xenómica funcional
Microarrais e transcriptómica
Prácticas de bioinformática
1. Exploración de bases de datos (v.g. ENSEMBL) e proxectos xenómicos a gran escala : ENCODE, EXOME, 1000Genomes
2. Ensamblaxe dun xenoma organular secuenciado por NGS utilizando o software GENEIOUS
3. Análise de expresión xénica e microarrays
Planificación
Metodoloxías / probas
Competencias / Resultados
Horas lectivas (presenciais e virtuais)
Horas traballo autónomo
Horas totais
Sesión maxistral
A1 A11 B1
10
18.62
28.62
Presentación oral
B5 B9
5
3
8
Eventos científicos e/ou divulgativos
C8
1
3
4
Prácticas a través de TIC
A3 C3
10
20
30
Proba obxectiva
B2 B3
2
0
2
Atención personalizada
2.38
0
2.38
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado
Metodoloxías
Metodoloxías
Descrición
Sesión maxistral
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais coa pretensión de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Presentación oral
Cada estudante debe presentar nun máximo de 15 minutos un artigo de revisión asignado polo profesorado.
Eventos científicos e/ou divulgativos
O alumnado asistirá á conferencia pronunciada por un especialista en xenómica. O profesorado facilitará con antelación un artigo relacionado co tema da conferencia.
Prácticas a través de TIC
As TIC constitúen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e a aplicación práctica de coñecementos, facilitando a comunicación e aprendizaxe.
Proba obxectiva
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe e que pode combinar distintos tipos de preguntas.
Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada concíbese como tempo de interacción directa entre estudante e profesorado, ben presencialmente ou vía e-mail.
Avaliación
Metodoloxías
Competencias / Resultados
Descrición
Cualificación
Sesión maxistral
A1 A11 B1
Asistencia e participación activa.
10
Presentación oral
B5 B9
Capacidade de síntese, habilidades de comunicación.
20
Prácticas a través de TIC
A3 C3
Asistencia e participación activa.
O alumnado semipresencial terá que entregar unha memoria/cuestionario de prácticas co gallo de poder avaliar o aproveitamento das mesmas: capacidade de síntese e redacción.
10
Proba obxectiva
B2 B3
O exame escrito avaliará os coñecementos adquiridos durante as devanditas actividades.
50
Eventos científicos e/ou divulgativos
C8
Asistencia e participación no turno de preguntas.
10
Observacións avaliación
Poderá optar a Matrícula de Honra o alumnado avaliado na primeira oportunidade (xuño).
Fontes de información
Bibliografía básica
McLachlan, G. J., Do, K-A., Ambroise, C (2004). Analyzing Microarray Gene Expression Data. Wiley-Interscience. John Wiley & Sons
Campbell, A.M & Heyer, L.J. (2007). Discovering Genomics, Proteomics & Bioinformatics. Pearson Benjamin Cummings
Bowtell, D., Sambrook, J. (2003). DNA Microarrays. Cold Spring Harbor Laboratory Press.
Allison, David B., et al (2006). DNA microarrays and related genomics techniques design, analysis, and interpretation of experiments. Chapman & Hall/CRC
E. Rinaldis, A. Lahm. (2007). DNA microarrays: current applications. Wymondham: Horizon Bioscience
Lesk, Arthur M. (2012). Introduction to Genomics. Oxford University Press
Bibliografía complementaria
Straalen, Nico M. van (2006). An introduction to ecological genomics. Oxford University Press
Zhanjiang, Liu (2007). Aquaculture genome techonologies. Blackwell
Futuyama, Douglas J. (2006). Evolution. Sinauer Associates
Dale Jeremy (2008). From genes to genomes: concepst and applications of DNA technology. John Wiley & Sons
Sensen, Christoph W. (2005). Handbook of genome research genomics, proteomics, metabolism, bioinformatics, ethical & legal issues . Wiley-VCH
RECURSOS EN INTERNET:
Biological database compilation at NAR: http://nar.oupjournals.org/content/vol29/issue1
DOE Joint Genome Institut. Why sequence them? http://www.jgi.doe.gov/sequencing/why/index.html
Mecanismos de xeración da variación xenética/610441005
Regulación da expresión xénica/610441006
Bioinformática e Modelado de Biomoléculas/610441020
Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proteómica/610441013
Cromosomas: Estructura. Función e Evolución/610441015
Xenética Humana/610441016
Toxicología Xenética/610441017
Materias que continúan o temario
Traballo de Máster/610441022
Observacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías