Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas analíticas. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico, sendo consciente das súas características máis importantes, incluíndo o perigo e os posibles riscos.
|
A1 A12 A17 A18 A23
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3
|
Adquirir habilidade para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se vai collendo destreza para desenvolver outras habilidades máis complexas. |
A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A25
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3
|
Aprender a elaborar un caderno de laboratorio. |
A1 A12 A16 A20 A21 A24
|
B2 B3 B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque I. Introdución |
Tema 1. Conceptos básicos sobre seguridade e traballo nun laboratorio químico.
|
Bloque II. Procesos básicos nun laboratorio químico |
Práctica 1. Seguridade no laboratorio.
Práctica 2. Material de laboratorio e operacións básicas.
Práctica 3. Consideracións xeráis sobre os datos de laboratorio.
Práctica 4. Rexistro e comunicación do traballo de laboratorio.
Prácticas 5 y 6. Preparación de mesturas e disolucións.
Prácticas 7 y 8. Cristalización.
Práctica 9. Sublimación.
Práctica 10. Extracción líquido-líquido.
Práctica 11. Destilación.
Práctica 12. Cromatografía en papel.
Práctica 13. Preparación dunha corrente de gas.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
|
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A16 A18 A20 A21 A25 B2 B3 B6 C1 C3 |
3 |
0 |
3 |
Obradoiro |
A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 |
6 |
75 |
81 |
Prácticas de laboratorio |
A25 A24 A23 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A12 A7 A1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C1 |
42 |
12 |
54 |
Seminario |
A1 A21 A24 A25 B2 B3 B5 B7 C1 |
3 |
0 |
3 |
Proba mixta |
A1 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 |
3 |
3 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade en grupo grande que se levará a cabo ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno. Por outra banda, o persoal da biblioteca impartirá un curso no que explicará os recursos e manexo básico na biblioteca. |
Sesión maxistral |
Sesión de aula que terá lugar durante os primeiros días do curso. Nela abordarase en grupo grande o tema do bloque da Introdución sobre a Seguridade e o Traballo nun laboatorio Químico. |
Obradoiro |
Na maioría das prácticas de laboratorio o alumno debe traballar unha serie de conceptos que son básicos para entender o fundamento das mesmas, e que lle serán especificados no guión de laboratorio de cada práctica. Nesta actividade, que se levará a cabo en grupo reducido no propio laboratorio antes de comenzar coa realización da práctica, os alumnos levarán a cabo unha exposición e debate, dirixida e supervisada polo profesor, para avaliar o grao de comprensión do fundamento de dita práctica. |
Prácticas de laboratorio |
Sesións de laboratorio en grupo reducido nas que se realizarán prácticas de procesos básicos e experimentos relacionados coas técnicas fundamentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se aprenderá a elaborar un caderno de laboratorio. Cada práctica levará asociado un guión que deberá ser estudado con antelación polos alumnos. Este guión conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos de cada práctica, nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade, e no análise de resultados e conclusións. |
Seminario |
O finalizar o período de prácticas levarase a cabo un seminario en grupo reducido, onde o profesor propón os alumnos un traballo relativo a unha parte específica da materia, para repasar e afianzar conceptos, e que posteriormente será discutido en grupo e co profesor. |
Proba mixta |
Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito ónde se avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Obradoiro |
|
Descrición |
(Xa descrito para cada metodoloxía).
Para comprobar e orientar o traballo do alumno (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A25 A24 A23 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A12 A7 A1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C3 C1 |
Avaliación mediante o seguimento continuo do traballo no laboratorio. Avaliarase tamén o caderno de laboratorio.
|
60 |
Proba mixta |
A1 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 |
Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno en tódalas actividades realizadas.
|
30 |
Obradoiro |
A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 |
Avaliación dos conceptos previos que o alumno debe traballar para cada unha das prácticas, previa a realización das mesmas. |
10 |
|
Observacións avaliación |
- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria. - Para superar a materia será preciso obter en cada unha das partes avaliables un mínimo de 4 (sobre 10) da puntuación máxima posible para esa parte, e acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, proba mixta e obradoiros) un mínimo de 5 (sobre 10). No caso de que o alumno non conseguise a puntuación mínima nalgunha
delas, se a suma do conxunto é superior ou igual a 50 puntos a materia
figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos). - En caso de non superar a asignatura na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas de laboratorio e traballos tutelados conservaranse na segunda oportunidade de xullo. Non obstante, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade. - Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados, nin realizar a proba mixta. - Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade". - Polo que se refire os sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso. - No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e
adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total
ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de
avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia
deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a
consecución das competencias propias da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
PETRUCCI, R. H.; HARWOOD, W. S.; HERRING, F. G (2003). Química General. Madrid, 8ªEd, Pearson Educación
M.J. Insausti, P. Redondo, E. Charro (1999). Manual de Experimentación Básica en Química. Valladolid, Universidad de Valladolid
Universidade da Coruña (2007). Manual de Seguranza e Saúde no Laboratorio.
C.M. Rodríguez Pérez, J.L. Ravelo Socas, J.M. Palazón López (2005). Técnicas de organización y seguridad en el laboratorio. Madrid, Editorial Síntesis |
- GUIÓNS DE PRÁCTICAS e todo o material que se porá a disposición dos alumnos a través do Campus Virtual da UDC (Moodle)
- http://www.udc.es/dep/qf/es/Qi/docencia/sintesis/index.htm
As ligazóns sobre MATERIAL, OPERACIÓNS BÁSICAS e NORMAS DE SEGURIDADE que contén esta páxina Web elaborada por profesorado da área de Química Inorgánica da UDC inclúen imaxes e vídeos moi ilustrativos. Esta páxina Web elaborada por profesorado da Universidad de Barcelona sobre OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO contén información moi completa sobre prácticamente tódolos aspectos que se van tratar nesta materia. Tamén conta cun soporte de imaxes moi útil. |
Bibliografía complementaria
|
(). .
J. Martínez Urreaga (2006). Experimentación en Química General. Thomson
C. Fernández (2009). Laboratorio de Química. Generalidades y aspectos básicos.. Universidad de Extremadura
J.R. Dean, A.M.Jones, D. Holmes, R. Reed, J. Weyers, A. Jones (2002). Practical Skills in Chemistry. Edinburgh, Pearson Education |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química 2/610G01008 | Química 3/610G01009 |
|
|